Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Apoia aos teus docentes
Un ano máis e con motivo da celebración o 5 de outubro do Día Mundial dos Docentes, a Internacional da Educación (IE) pon o acento na importancia da figura dos docentes como peza crave para alcanzar os obxectivos dunha educación para todas e todos. Para iso o lema elixido nesta nova edición é “Apoia aos teus docentes”.

Tendo en conta o contexto de grave crise económica mundial, onde todos e cada un dos sectores sociais víronse afectados polos recortes e de xeito moi especial os máis desfavorecidos, as institucións educativas lanzan unha mensaxe conxunta valorando o papel das docentes e dos docentes como base para a construción e desenvolvemento dunhas escolas de calidade. Escolas que son os alicerces para a reconstrución social, económica e intelectual de calquera país.

Desgraciadamente no noso país, vimos padecendo os ataques perpetrados pola Xunta de Galiza contra un servizo público esencial como é a educación. O aumento das ratios e do horario lectivo do profesorado, a perda de postos de traballo nos centros docentes, o atraso no pago de bolsas, xunto ás reducións orzamentarias, son só algúns exemplos. Tras as duras normativas aprobadas polo actual Goberno, asistimos ao maior ERE que se produciu no noso país, o despedimento de persoal dos servizos educativos e complementarios, a non reposición das xubilacións, os recortes de salarios e o aumento da carga laboral. Estas medidas só están logrando que o profesorado teña que enfrontarse a unhas aulas masificadas, cada vez máis heteroxéneas, que demandan novas esixencias formativas ás que deben responder con menos recursos tanto de persoal como materiais.

Neste contexto no que, amparándose na crise económica e social, boa parte das políticas de recortes inciden directamente na marcha do noso sistema educativo, aproveitamos a celebración do Día Mundial do Docente para volver recordar que “investir en educación, é investir en futuro”. A saída cara a unha recuperación económica real e sólida pasa pola formación cualificada das mozas e dos mozos e para iso é preciso potenciar, tamén, a adecuada formación do profesorado.

Co pretexto da crise, o Goberno do PP está promovendo un cambio de modelo educativo para adaptalo á súa ideoloxía, derrubando importantes avances educativos e marchando en sentido contrario ás directrices que marcan os informes internacionais e que inciden nesta mesma mensaxe de investir máis en educación para garantir o futuro dos nosos estudantes.

Os recortes no ensino non só contribúen a desprestixiar o servizo público educativo senón que abren a porta a futuras privatizacións no sector. Con estas políticas erróneas hipotécase o futuro de xeracións de mozas e mozos, agora máis que nunca necesitados de formación, e atrásase a saída da crise económica.

Aínda por riba, o Ministerio de Educación elaborou un anteproxecto de reforma educativa sen contar coa opinión da comunidade educativa e sen un debate democrático previo. O ministro debería saber que ningunha reforma chegará a bo porto se non se conxuga o incremento real da calidade do ensino coa defensa da igualdade de oportunidades e a compensación das desigualdades de orixe. Non ten ningún sentido vender á opinión pública que coa reforma preténdese reforzar a Lingua, Matemáticas e Inglés mentres se reducen os efectivos docentes, se masifican as aulas e se suprímen os programas de reforzo e de atención á diversidade.

Por todo iso, este ano máis que nunca na celebración do 5 de outubro, reclamamos o apoio aos docentes para que xunto ao resto de membros da comunidade educativa consigan, non só acabar coa merma das condicións sociolaborais do profesorado, senón tamén coa diminución na equidad e calidade do noso sistema educativo.

A prepotencia do Goberno non debe desanimarnos. Ao contrario, agora máis que nunca temos que plantar cara a estes desmáns. Por iso no sector público, e dentro deste, o educativo, iniciamos o curso con novas mobilizacións que en realidade son unha continuación das que convocamos con éxito o curso pasado. Non estamos dispostos a que se dinamiten as conquistas educativas alcanzadas con esforzo por parte de todos e en particular das docentes e dos docentes.

Permanente do Secretariado Nacional
outubro do 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal