Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
O STEG apoia a convocatoria
O STEG apoia a convocatoria do Sindicato de Estudantes

Desde o STEG queremos manifestar o noso apoio á loita convocada polo Sindicato de Estudantes para os próximos días 16, 17 e 18 de Outubro, xa que entendemos,  se trata dunha resposta absolutamente necesaria e xustificada ante a gravidade de todos os ataques que se están levando adiante a nivel estatal e nos distintos territorios do Estado Español.

Os ataques contra a educación pública desde a chegada ao Goberno do Partido Popular non pararon de sucederse e profundarse. En apenas nove meses vimos como o executivo de Mariano Rajoy reduciu os Orzamentos Xerais do Estado para a educación pública en 2012 e 2013 un 21% e un 14,4% respectivamente, un dato alarmante ao que hai que sumar o recorte de 3.000 millóns de euros durante o pasado mes de abril, tamén contra a escola pública. Todos estes recortes estanse concretando este inicio de curso no despedimento de preto de 50.000 docentes en todo o Estado, a extinción de bolsas de comedor e libros, a masificación das nosas aulas, incrementos salvaxes das taxas universitarias, así como a creación de novas matrículas para poder estudar na Formación Profesional.

Alumnado de toda Galicia inicia hoxe a denominada semana de loita en defensa da educación pública, durante a que terán lugar diversas manifestacións e asembleas por todo o país, así como tres días de folga xeral nos centros educativos.

Desde o STEG apoiamos todas a accións en defensa da escola pública para frear esta catarata de recortes e agresións, que o único que pretenden é desmantelar a educación pública.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal