Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
ALIANZA SOCIAL GALEGA
A sociedade civil organízase na defensa dunhas condicións de vida dignas

Hoxe, diferentes organizacións e entidades, entre as que se atopa o STEG, que representan á sociedade civil galega, constituíron a ALIANZA SOCIAL GALEGA para dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, están a desenvolver os Gobernos de Galicia e o Estado español, con consecuencias moi graves para as condicións de traballo e de vida da maioría social.

Políticas que se veñen aplicando, especialmente desde maio de 2010, e que atenden só aos intereses dos mercados, da banca e do capital financeiro internacional, que mediante o seu neoliberalismo depredador pretende minguar o noso estado do benestar. Políticas que o PP está intensificando desde que chegou ao poder.

Non existe ningún colectivo nin ámbito social e cultural que se libre das consecuencias destas políticas, agás os poderes económicos e as elites que os representan. Traballadores e traballadoras do sector privado, do público, desempregados e desempregadas, mozos e mozas, pensionistas, persoas inmigrantes, autónomas ou comerciantes… estamos padecendo as consecuencias dunhas políticas que nos levan a un cambio de modelo social, que nos empurran a unha sociedade máis inxusta e menos igualitaria.

Diante de estas políticas promovidas polo BCE, a CE e o FMI, e postas en práctica en Galicia e o Estado polos gobernos do PP, as organizacións e entidades reunidas nesta ALIANZA SOCIAL GALEGA levarán a cabo accións comúns para expresar o rexeitamento da sociedade galega ás políticas que se están aplicando. Porque a saída da crise no pode recaer sobre os máis e as máis débiles nin facerse á custa do empobrecemento da poboación.

ALIANZA SOCIAL GALEGA nace co propósito de defender uns dereitos e unhas condicións de vida que se conseguiron tras moitos anos de loita e sacrificios das xeracións pasadas e presentes e de loitar para que os nosos fillos e fillas poidan vivir nunha sociedade galega máis xusta, libre, democrática e sustentábel social e ambientalmente.

Entidades que asinaron o manifesto:
ACSUR Galicia - ADEGA – AGAMAR - Asemblea de Cooperación pola Paz - Asociación Fuco Buxán - Asociación Galega de Historiadores - Asociación Monte Pindo Parque Natural - Asociación Sócio-Pedagóxica Galega - CCOO – CIG - Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia – Comités - Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña - Confraría de Pescadores da Pobra do CaramiñaL - CONFAPA Galicia - Coordinadora Galega de ONGDS - Escola Viva – FADEMUR - FAPACEL (Fed. Provincial APAS de Lugo) - Fed. ANPAS de Compostela - Fed. de Asocs. Culturais de Galicia "Galicia Cultura" - Fed. Galega de Bandas de Música Populares – FEGAMA - FESGA (Fund. para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social na Galiza) - FRUGA (Fed. Rural Galega) - Fundación 10 de Marzo - Fundación Castelao - Fundación Galiza Sempre - Fundación Luís Tilve - Fundación Paz e Solidariedade de Galicia – FUNDECO - Iniciativa Galega pola Memoria - Instituto Galego de Historia - SCOD Galicia (Instituto de Coop. ao Desenv.) - Liga Estudantil Galega - Mesa pola Normalización Lingüística - Movemento polos Dereitos Civís – Namentras - Nova Escola Galega - OAP Galicia (Fed. de Profesionais e Autónomos) - Plataforma en Defensa do Ensino Público - Plataforma en Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais - Plataforma Galega Defensa do Ensino Público - Plataforma Queremos Galego - Plataforma polo Emprego - Seminario Galego de Educación para a Paz - Sindicato de Estudantes - Sindicato de Xornalistas de Galicia - Sindicato Labrego Galego – STEG - SOS Sanidade Pública – UGT - UNIATRAMC Galicia - Unións Agrarias - UPTA Galicia – USTG - Xustiza e Sociedade

18 de outubro de 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal