Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  ESCOLA LAICA   
POR UN ENSINO LAICO
Principio fundamental da escola
O laicismo: principio fundamental da escola

O laicismo é o principio político que establece a separación Igrexa-Estado, polo que constitúe, un fundamente ineludible de calquera sistema democrático en tanto que garante, en primeiro lugar, a independencia absoluta do Estado con respecto a calquera código non emanado da propia soberanía popular e, consecuentemente, a liberdade de conciencia e pensamento das persoas que conforman a cidadanía dese Estado.

Neste sentido, o laicismo non debe confundirse, nin con ateísmo ou agnosticismo nin con anticlericalismo, pois ao único que aspira é a manter a independencia das institucións políticas ao respecto do poder eclesiástico; a limitar o exercicio relixioso ao ámbito privado. Neste sentido, ademais, cómpre salientar que a escola laica non oculta a historia do pensamento relixioso nin a súa pegada nas sociedades, ben ao contrario, incorpora no seu corpo de contidos a historia das relixións, tan necesaria para explicar a evolución das sociedades nos últimos 10.000 anos, o pensamento filosófico occidental ou a historia da arte ou da literatura, entre outras manifestacións culturais.

Daquela, o Estado laico é aquel que sabe defender a existencia dun espazo público baleiro de símbolos relixiosos; un espazo baleiro de tronos e altares, ao que todas e todos poidamos concorrer en igualdade, sexa cal sexa a nosa familia, a nosa liñaxe ou o noso credo -ou, como non, o noso sexo, a nosa sexualidade, a nosa clase ou a nosa raza-, que precisamente por esa razón é o espazo da cidadanía e a garantía da liberdade de conciencia e pensamento e da igualdade de todos eses pensamentos e conciencias.

Velaí a razón pola que defendemos o ensino laico nunha escola pública e laica, como garantía de independencia da mesma con respecto a calquera crenza ou práctica relixiosa, que non exclúe a ninguén pero que tampouco admite privilexios para ninguén en razón das súas crenzas ou prácticas relixiosas. Velaí, xa que logo, por que defendemos unha escola laica fundamentada nos seguintes principios:

  • a escola debe educar en valores humanistas, científicos e universais, na pluralidade e no respecto aos dereitos humanos;
  • a escola debe fomentar o pleno desenvolvemento dunha personalidade autónoma e independente;
  • a escola debe fomentar a liberdade de pensamento, a integración social e a igualdade de dereitos e oportunidades e a participación cidadá.
Por estas razóns, defendemos que a relixión se manteña fóra das aulas e dos espazos públicos dos centros educativos, para avanzar na construción dun estado máis democrático.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal