Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
O STEG solicita que se respecte a Orde que regula o seu funcionamento

O STEG solicitou, hoxe día 31 de outubro, mediante escrito enviado ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos que se teña en conta a diferente natureza dos D. de Orientación (ao respecto dos departamentos docentes), se explique nos centros e se siga a respectar a Orde do 24 de xullo que regula o seu funcionamento.

Trala publicación da Orde do 4 de xuño pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, está a haber unha grave confusión na confección dos horarios en relación ao departamento de orientación que poñen en perigo o bo funcionamento destes e, polo tanto, dun dos piares fundamentais para a mellora da calidade do ensino.

Os departamentos de orientación, compostos polos membros recollidos no Decreto 120/1998 (pertencentes á súa vez aos seus repectivos departamentos didácticos), e coas súas funcións correspondentes, non son un departamento didáctico senón que xunto con estes forman parte dos órganos de coordinación docente que se recollen nos Regulamentos Orgánicos de IES e CPIs. (Decreto 324/1996 e Orde de 1 de agosto de 1997, Decreto 7/1999 e Orde de 3 de outub ro de 2000).

Os DO contan cunha lexislación propia na que se especifica que “os membros do departamento de orientación con destino no propio centro celebrarán reunións semanais na hora destinada para tal fin no seu horario. A asistencia será obrigatoria” (Artig. 14 da Orde do 24 de xullo 1998).

Se repasamos as funcións recollidas nos devanditos decretos e ordes veremos que para levalas a cabo se precisa unha coordinación semanal fixa na que se podan coordinar tanto as accións relativas a atención á diversidade coma a acción titorial, sen descoidar as que fan referencia á dinamización dos distintos proxectos para a mellora da calidade docente e educativa en xeral.

Entendemos que resulta fundamental manter o funcionamento contemplado para o departamento de orientación na lexislación mencionada e que se entenda realmente como órgano de coordinación docente onde o traballo en equipo é prioritario para que a intervención indirecta que se fai a través do profesorado titor, de apoio e áreas/materias se concrete en actuacións en beneficio do proceso de ensino-aprendizaxe nos centros.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
outubro do 2012
Solicitude rexistrada
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal