Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
ALIANZA SOCIAL GALEGA
Manifesto de apoio á Folga Xeral do 14N
Apoio á Folga Xeral do 14N

A Alianza Social Galega aproba unha declaración de apoio á folga xeral do vindeiro 14 de novembro

A Alianza Social Galega, integrada por case sesenta organizacións sindicais e sociais, aprobou por unanimidade unha declaración de apoio á folga xeral do vindeiro 14 de novembro. Consideran que as políticas neoliberais que están a aplicar os gobernos galego e español desmantelan o estado do benestar e conducen a cidadanía a un «empobrecemento masivo» e, polo tanto, a unha sociedade «máis inxusta e menos igualitaria».

Nesta declaración, a Alianza Social Galega súmase á folga xeral porque «comparte» os seus obxectivos, entre os que cabe sinalar o rexeitamento á reforma laboral, o repagamento farmacéutico, os recortes nas pensións e prestacións sociais, a deterioración e privatización dos servizos públicos, a suba do IVE, a amnistía fiscal a quen defrauda ou o desmantelamento dos nosos sectores produtivos básicos.

As organizacións que conforman a Alianza Social Galega afirman que hai «razóns suficientes» para secundar a folga xeral do 14 de novembro, polo que fan un chamamento á cidadanía a participar.

A Alianza Social Galega presentouse publicamente o pasado 18 de outubro. O seu manifesto fundacional está apoiado por case sesenta organizacións sindicais e sociais. O obxectivo da Alianza é dar resposta ás «nefastas políticas antisociais» da Xunta e do Goberno central.

As organizacións que integran a Alianza Social Galega apuntan que este tipo de políticas antisociais comezaron a ter especial virulencia desde maio de 2010 e que o PP as intensificou desde que chegou ao poder no Estado. Denuncian que estas actuacións «atenden só aos intereses dos mercados» —a banca e o capital financeiro internacional—, que mediante o seu «neoliberalismo depredador» pretende minguar o noso estado do benestar.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal