Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Imposición, subordinación ás necesidades dalgunhas empresas, man de obra barata...
Sen orzamento, sen un calendario de implantación e sen un cálculo das prazas ou do alumnado ao que aspira chegar este modelo. Así nace a FP Dual española, o que supón unha nova ordenación xeral da FP cuxa última reforma fora publicada apenas un ano antes no BOE do 30 de xullo de 2011.

O ministro volve, unha vez máis, a impor unha reforma de costas á toda a comunidade educativa e sen contar coa opinión das persoas profesionais. Co argumento de buscar a empregabilidade da xente máis nova, agocha un trasfondo no que o que prima é o desexo de desregularizar a FP, permitindo un recorte aínda maior en profesorado, instalacións, compoñentes, materiais, equipos… que poderán ser suprimidos dos centros educativos xa que a formación práctica ensinarase nas empresas. A suposta mellora formativa que se acadaría coa FP Dual queda rápidamente cuestionada simplemente constatando que a nivel estatal o 92,7% das empresas son pymes – o 85% cun máximo de dous traballadores ou traballadoras- que difícilmente poderán garantir a existencia dunha persoa que exerza o labor de titorizar e ensinar ao alumnado como sucede en Alemaña.

Compre destacar que este modelo supón a absoluta subordinación de calquera tipo de planificación educativa profesional ás necesidades das empresas, ou máis concretamente das empresas dominantes e da conxuntura económica, o que podería levar a perder a polivalencia da formación profesional imprescindible na sociedade actual, con necesidades tan cambiantes no mercado laboral..

Desde o STEG recoñecemos que o modelo actual de FP é mellorable e que existen desaxustes en canto a oferta educativa e a excesiva concentración de titulacións nunhas poucas ramas de actividade, así como a escasa adaptación destas á realidade do tecido produtivo galego. Porén, consideramos que a reforma actual non vai resolver ningún dos problemas actuais e vai crear outros novos non só no eido educativo senón tamén no mercado laboral. O feito de que o modelo aprobado non inclúa como requisito imprescindible que o alumnado reciba unha remuneración polas prácticas –en Alemaña as empresas lles pagan entre 300 e 800 euros- supón que o Ministerio estalle a regalar ás empresas man de obra nova e barata, sen que tan sequera vele por unha correcta formación do alumnado, máis alá das necesidades específicas dunha determinada empresa.

Desde o STEG queremos tamén denunciar o emprego intereseiro das cifras do paro xuvenil en toda a argumentación do Ministro Wert. O argumento de que unha reforma educativa mellorará a empregabilidade da xente nova non se sostén cando a ninguén se lle escapa que estamos ante a xeración mellor preparada da nosa historia, que ten que emigrar a paises cunha estrutura no mercado laboral capaz de ofrecerlles un posto de traballo. O problema de empregabilidade no noso país é un problema do mercado laboral, en ningún momento se trata dun problema educativo. U-las empresas que teñen que traer traballadoras e traballadores doutros lugares por non atoparen man de obra cualificada local? De termos tido a FP Dual completamente implantada hai 10 anos, acaso non teriamos agora a milleiros de alumnas e alumnos no paro polo colapso do sector da construcción?


 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal