Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
O TSXG tira por terra o discurso da `liberdade´
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o Decreto de Plurilingüismo tira por terra o principal argumento empregado polo PP para atacar á nosa lingua: o da “liberdade”. A “liberdade” de escolla da lingua en Infantil por parte das familias (art.5.2) é, para o TSXG, abdicación por parte da Xunta das súas responsabilidades; a “liberdade” do alumnado para empregar a lingua que desexe (art.12.3), independentemente da lingua na que se imparta a materia, é ilegal xa que “non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desde o momento no que se lle premite que non fale ou escriba na lingua galega canto é esta a propia da área ou módulo”.

A sentenza desbota igualmente a argumentación central do PP sobre o “equilibrio” entre o galego e o castelán nas aulas, por negar a necesidade de promoción da nosa lingua debido á situación de discriminación na que se atopa. Salienta, así, que o galego debería ter “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable” para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais.

Desde o STEG esiximos á Consellaría de Educación que derrogue inmediatamente o Decreto de Plurilingüismo e abra un proceso de diálogo real con toda a comunidade educativa e o resto da sociedade para recoñecerlle ao galego o espazo que lle corresponde na educación. Esiximos, asemade, a dimisión do Conselleiro de Educación que, tendo escoitado estes mesmos argumentos agora ratificados polo TSXG de prácticamente todos os colectivos cos que se entrevistou antes da aprobación do Decreto, escolleu recoller as demandas e os argumentos dun colectivo absolutamente minoritario como Galicia Bilingüe. O dano feito á lingua e ao alumnado nestes últimos catro anos merecen esta reparación simbólica e unha volta aos principios da Lei de Normalización Lingüística real.


Permanente do Secretariado Nacional do STEG
22 de novembro de 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal