Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Con letra e música de muller
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: Con letra e música de muller

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
− Poñer en valor as achegas artísticas das mulleres.
− Coñecer as estratexias que puxeron en práctica as mulleres para desenvolver o papel de autoras ao longo da historia literaria e musical.
− Facer un percorrido histórico polas creacións populares de autoría feminina.
− Entender a creación artística como a construción dun discurso propio.
− Analizar composicións literario-musicais tradicionais, desde unha perspectiva temática.
− Achegarse ás producións actuais que beben directamente da tradición popular.
− Empregar as creacións das músicas do século XXI como material didáctico.
Programa de contidos:
1. Testemuñas históricas da muller como autora na lírica popular.
2. Estratexias que puxeron en práctica as mulleres para superaren os atrancos como autoras.
3. A construción dun discurso propio: Auto-afirmación, o canto e o baile como actividades de cohesión feminina, autoconcepto, relacións amorosas (iniciativa, pasividade, desengano...), actitude perante o matrimonio, relación coa nai, a sociedade reguladora do comportamento, etc.
4. As producións contemporáneas que beben directamente da tradición popular (pandereteiras e cantadeiras).
5. A obra das músicas do século XXI: cantantes, gaiteiras e compositoras.
6. Propostas de aplicación pedagóxica nos centros, biblioteca, titorías, etc. (25 de novembro, 8 de marzo, Día da Paz, Letras Galegas en feminino plural, etc.).
Metodoloxía:
- Exposicións teóricas con soporte dixital.
- Audicións e análise de composicións tradicionais.
- Visionado de vídeos e audicións.
- Deseño de propostas de actividades para realizar nos centros educativos.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 26 de xaneiro de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Compostela, CEIP López Ferreiro (r/Xazmíns s/n)

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 25 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 26 de decembro para as persoas afiliadas
- desde o 2 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso: Dona Mercedes Alonso Padrón

Relación nominal das persoas relatoras: Dona Isabel González Avión

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: Funxíbel: 50 €; Publicación, publicidade e impresos: 50€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal