Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Do Provincialismo ao Rexionalismo: prensa, imprenta, literatura e historia
PRAZO REMATADO
Denominación da actividade: Do Provincialismo ao Rexionalismo: prensa, imprenta, literatura e historia.

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
O presente curso vai dirixido ao profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en coñecer a conformación da identidade galega, que abrangue distintos aspectos dende a aparición do romanticismo deica o Rexurdimento, así como en realizar traballos co alumnado arredor desta temática.

Haberá unha parte dedicada á explicación e desenvolvemento dos distintos epígrafes anotados no programa. Esta sección conxugarase con exercicios prácticos que sirvan de material didáctico para empregar durante o curso.

Ao finalizar o curso o profesorado adquirirá un plano de situación para comprender os cambios políticos, sociais e culturais acontecidos entre finais do século XVIII e inicios do XIX, vencellados á repercusión na construción da identidade galega.

Da mesma maneira comprenderá os pasos operados na elite da intelectualidade galega para chegar ao Rexurdimento, marcado coa data simbólica de 1863 (publicación de Cantares gallegos). Así, posuirá unha información ampla que lle permita traballar textos e material audiovisual co alumnado na aula.

Finalmente, tamén comprenderá o valor social que posúe a cultura como unha fonte para expresar actitudes e destrezas necesarias na formación do alumnado

Programa de contidos
:
1. A aparición das ideas liberais e a Ilustración.
2. Cambios no paradigma cultural europeo: neoclasicismo vs. romanticismo.
3. Creación da identidade galega.
4. O provincialismo galego no Trienio Constitucional (1820-23).
5. Prerrexurdimento: Academia Literaria e escritores (1841-1843).
6. A función da prensa provincialista (1841-1846).
7. Pronunciamento de 1846 e fusilamentos de Carral.
8. Exilio e reorganización do provincialismo galego (1846-1854).
9. Primeiros pasos do Rexurdimento (1854-1861).
10. Rosalía: 150 anos da publicación de Cantares gallegos (1863).
Metodoloxía:
Comezarase cunha presentación teórica e explicativa dos diferentes puntos do programa. Co apoio de distinto material textual, gráfico e virtual, abordarase a realización de traballos e actividades prácticas que sirvan de complemento da explicación conceptual.

Deseguido presentarase o material relacionado co programa para a súa discusión coas persoas asistentes ao curso e para a exploración da súa utilidade e posta en práctica co alumnado nas aulas.

Plan de avaliación da actividade
: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 2 de febreiro de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Vigo, Liceo Marítimo de Bouzas (R/Cabello nº8)

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 25 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 26 de decembro para as persoas afiliadas
- desde o 2 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: Xurxo Martínez González.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Actualmente realiza a tese doutoral dedicada ao xornal La Oliva (1856-57) onde abrangue distintas temáticas propias da antesala do Rexurdimento galego. Publicou traballos de investigación de temática diversa en revistas e prensa. É autor dos libros Fuco Gómez (2007), Luís Soto. A xeira pola unidade galega (2011) e Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro. Antoloxía poética (2012).
Na súa experiencia profesional ten traballado en distintos ámbitos como o mundo editorial, o ensino ou a investigación académica.

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Materiral funxíbel: 50€; Publicación, publicidade e impresos: 50€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal