Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Ramón Cabanillas e Basilio Álvarez: novas perspectivas
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: Ramón Cabanillas e Basilio Álvarez: novas perspectivas

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
1. Repasar, á luz dos novos datos investigados e descubertos polo relator, a obra, a ideoloxía e a traxectoria vital e pública de dúas figuras de grande relevancia na historia galega do século XX, procurando caracterizalas nos seus trazos definitorios e contextualizalas tanto na dinámica das letras galegas como no propio devir histórico xeral do país.

2. Analizar e comentar, tanto do punto de vista literario como do ideolóxico, algúns dos textos e fragmentos máis significativos da súa produción, sexa poética, epistolar, xornalística, etc.

3. Reflexionar sobre as circunstancias concretas en que desenvolveron a súa traxectoria como intelectuais e persoas comprometidas dentro do marco xeral da nosa cultura.

4. Presentar as liñas mestras do relacionamento vital e ideolóxico que xunguiu ambos escritores en diferentes etapas e intres históricos.

5. Debater e deseñar colectivamente, coas persoas participantes no curso, elementos didácticos para a abordaxe de ambas figuras nas aulas nos distintos niveis educativos.
Programa de contidos:
1. Breve introdución ás figuras de Ramón Cabanillas e Basilio Álvarez.
2. Contexto histórico, social, político e literario en que se moveron.
3. O agrarismo e o galeguismo como vectores ideolóxicos comúns.
4. Acción Gallega, La Zarpa e outras coincidencias.
5. Republicanismo e relixiosidade: ¿a cadratura dos círculos?
6. Dous desterrados galegos no Madrid de preguerra.
7. Tempos de apandar: Cabanillas e Basilio durante a guerra
8. Exilios interior e exterior.
Metodoloxía:
O curso desenvolverase por medio de breves exposicións introdutorias, orais ou en formatos dixitais, para cada un dos contidos contemplados, que serán seguidas dos correspondentes coloquios abertos.

Ademais, empregaranse diferentes textos e fragmentos escritos (poéticos, xornalísticos, epistolares, etc.) pertencentes ás distintas producións de ambos autores estudados para realizar lecturas, análises e comentarios de texto no propio curso e para deseñar actividades e proxectos que se poidan realizar logo, eventualmente, nas aulas.

Plan de avaliación da actividade
: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 2 de febreiro de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Ourense CEIP Vista Hermosa

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 26 de decembro para as persoas afiliadas
- desde o 2 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Secundaria e Bacharelato.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: D. Luís Rei Núñez

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: Funxíbel 50€; Publicación, publicidade e impresos 50€
- Gastos de persoal do local: 175€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal