Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
A Arte Románica como recurso didáctico
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: A Arte Románica como recurso didáctico

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
1. Repasar as orixes e os principais trazos da arte románica.
2. Ofrecer un panorama xeral sobre o estado patrimonial e a presenza/importancia da arte románica na Galiza.
3. Estudar e visitar (in situ ou virtualmente) un ou varios dos monumentos senlleiros dese estilo.
4. Ofrecer un compendio de actividades e materiais para uso nas aulas.
5. Explicar o proceso de intervención realizado pola asociación O SORRISO DE DANIEL para o coñecemento e posta en valor nun núcleo rural galego concreto do patrimonio asociado a esa arte.
6. A partir desa experiencia concreta, discutir e elaborar propostas de actuación, actividades e materiais didácticos para os distintos niveis educativos que permitan a posta en marcha de proxectos semellantes desde a escola.
Programa de contidos:
1. As claves do románico
2. O románico na Galiza
3. Estado do patrimonio románico galego.
4. Xenese, obxectivos e actividades de “O sorriso de Daniel”.
5. Unha experiencia no románico
Metodoloxía:
O curso hase desenvolver a base de breves compendios explicativos, acompañados de todo tipo de complementos visuais, tanto en soporte papel como en Rede.
Na parte práctica, realizarase visita guiada pola catedral, na procura de elementos distintivos da arte estudada, e elaboraranse de xeito colaborativo diversos materiais e actividades susceptibles de uso didáctico nas aulas.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 23 de febreiro de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Ourense CEIP Vista Hermosa

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- 14 de xaneiro para as persoas afiliadas
- 21 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso: D. Francisco Javier Porto Parente

Relación nominal das persoas relatoras:
- Dona Ana Mª Blanco Santiago,
- Dona Carolina Casal Chico,
- D. Xoán Xosé Rodríguez González,
- Dona Carme Varela Rodríguez 
- Dona María Mercedes Gualteria Pintos Barreiro
- D. Antonio Dieter Moure Areán.
Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50€
- Gastos de manutención e deslocamento: 154€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal