Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Encontro co escritor Xosé Vázquez Pintor
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: Encontro co escritor Xosé Vázquez Pintor

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
1. Permitir o contacto e diálogo directo cunha das figuras máis destacadas da literatura galega, quen á súa condición de escritor une, ademais, a de docente.
2. Repasar, da man do propio escritor, a súa traxectoria autoral nos diversos xéneros cultivados: poesía, narrativa, ensaio, teatro, xornalismo, procurando caracterizala nos seus trazos definitorios e contextualizala na dinámica das letras galegas contemporáneas e no propio devir histórico do país nas últimas décadas.
3. Analizar e comentar algúns dos textos e fragmentos máis significativos da súa produción.
4. Repasar as súas experiencias concretas nos centros educativos como animador á lectura, axente normalizador da lingua e como animador teatral, á procura de ideas para unha eventual futura aplicación nos respectivos centros por parte das persoas participantes no curso.
5. Reflexionar sobre as circunstancias concretas en que se desenvolveu a súa traxectoria como escritor dentro do marco xeral da nosa cultura.
Programa de contidos:
1. Breve aproximación biobibliográfica.
2. A obra poética
3. A obra narrativa
4. A obra ensaística
5. A obra teatral
6. O docente
7. O animador teatral
8. O animador á lectura
9. O axente normalizador
Metodoloxía:
O curso desenvolverase por medio de breves exposicións introdutorias para cada un dos contidos contemplados, que serán seguidas dos correspondentes coloquios.

Ademais, empregaranse diferentes textos e fragmentos escritos pertencentes ás distintas obras do autor para realizar lecturas, análises e comentarios de texto no propio curso e para deseñar actividades e proxectos que se poidan realizar logo, eventualmente, nas aulas.

Plan de avaliación da actividade
: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 2 de marzo de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Pontevedra, IES a Xunqueira (rúa Alexandre Bóveda, s/n)

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 25 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- 14 de xaneiro para as persoas afiliadas
- 21 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso: D. Emilio Xosé Ínsua López

Relación nominal das persoas relatoras: D. Xosé Vázquez Pintor

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Materiral funxíbel: 50€; Publicación, publicidade e impresos: 50€
- Gastos de manutención e desprazamento: 42 €
- Gastos local: 75€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal