Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Unha medida máis para favorecer á concertada
O novo decreto de admisión do alumnado: unha medida máis para favorecer á concertada

O STEG denuncia que o novo decreto polo que se regula a admisión do alumnado nos centros públicos e concertados supón un paso máis na estratexia de favorecer ao ensino concertado e lexitimar a escolla de alumnado que, de facto, xa fan:

- No Decreto non se garante a escolarización en centros públicos de todo o alumnado que o demande.

- Introduce a valoración de 1 punto por criterios arbitrarios que pode establecer cada centro. "Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, e que terán que facerse públicos polos centros con anterioridade ao inicio do proceso de admisión: 1 punto". Este apartado o argumenta na exposición de motivos do Decreto, no que se di: "Tamén prevé a posibilidade de aplicar criterios complementarios e obxectivos establecidos por cada centro educativo, potenciando a autonomía de organización dos centros". Desde o STEG consideramos que as “circunstancias relevantes” para a admisión de alumnado non deben ser determinadas polos centros educativos, xa que non se lles debe recoñecer a estes a capacidade de escolla de alumnado, o que pervirte a noción de servizo público.

- No anterior Decreto se establecía unha reserva dun mínimo do dez por cento e un máximo do vinte por cento das prazas para matricular ao alumnado con necesidades específicas; neste reservarase un mínimo do 10% e un máximo do 15% dos postos escolares por unidade. Redúcese a porcentaxe máxima de reserva, facilitando que os centros concertados desboten a este alumnado a pesares de recibiren subvencións específicas para os atender.

- O incumprimento do decreto deixa de ser causa grave para retirarlle o concerto a un centro, nunha evidencia máis de cómo este decreto está pensado co obxectivo de favorecer ao ensino concertado a selección do alumnado.

Un exemplo máis de como todas as medidas que toma esta Consellaría van encamiñadas a reforzar a escola privada concertada e a súa práctica de selección de alumnado, tan lonxe do ideario democrático da escola como garante da igualdade de oportunidades.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
decembro do 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal