Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Información
Anticipo paga extra mes de xuño

Según a disposición adicional primeira: "Anticipo" do Decreto 263/2012, do 27 de decembro, (DOG do 28/12/2012) polo que se regulan as condicións da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, cabe a posibilidade de cobrar anticipadamente, xunto coa nómina correspondente ao mes de xaneiro de 2013, un anticipo igual á metade da cantidade que corresponda á paga extra do mes de xuño; os conceptos a cobrar serían:
  • Soldo base (da extra)
  • Trienios (da extra)
  • Complementos de destino ou concepto ou contía equivalente.
Os prazos van desde o día 4 de xaneiro ata o día 10 de xaneiro

Haberá que presentar o Anexo I no servizo de persoal ao que corresponda o posto de traballo (Primaria, Secundaria..)

Desde o STEG vemos esta posibilidade como unha medida populista na que se pode solicitar un anticipo que é algo que pode facerse de xeito ordinario.
A medida vai dirixida,  por unha banda, a que haxa máis diñeiro nos petos do funcionariado para poder gastar na, tan temida, costa de xaneiro (cada vez cunhas porcentaxes de desnivel máis altas debido aos continuos recortes) e que o comercio non note tanto a caída dos nosos ingresos.
Por outra banda, proporciona un doce antes de que suframos o amargor de reducirnos, de novo, os nosos salarios no viendeiro ano 2013.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal