Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Asáñanse de novo con Educación
Os recortes orzamentarios asáñanse de novo con Educación
O borrador dos orzamentos “máis sociais da historia da autonomía”. Así cualifica a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, recortes que, en Educación, superan o 4% do total. Semella que reducir profesorado (reducción superior ao 6%), en gastos de funcionamento dos centros (entre un 6% e un 9% segundo o tipo de ensinanzas), en Universidade ( máis do 5%), en rehabilitación, ampliación e mellora dos centros (entre un 10% e un 23%), en bibliotecas escolares (máis do 50%)…son medidas de carácter social. Se cadra a conselleira estaba a pensar no aumento das subvención á FP concertada de máis dun 5%...

Á desfachatez coa que o goberno da Xunta minte sobre os datos reais da situación do país, haille que engadir o escarnio que produce cualificar á gravísima involución que sufirá Galiza con estes orzamentos como as contas “máis sociais da historia da autonomía”.

Se o FMI vén de recoñecer o erro cometido nas súas estimacións sobre a riqueza destruida polos recortes en gasto público (por cada euro público investido de menos, destrúese máis de euro e medio de riqueza privada), desde o STEG preguntámonos canta riqueza social se destruirá con estes orzamentos. Nomeadamente, gustaríanos que o goberno cuantifique o alumnado que deixará de percibir aulas de apoio e as consecuencias a curto e medio prazao nas súas traxectorias académicas e vitais, a atención que deixarán as alumnas e alumnos de recibir por estaren en aulas cada vez con máis alumnado, as consecuencias no hábitos de lectura da xente máis nova pola reducción de programas de incentivación….Estamos fartas e fartos de que nos falen de déficit e de cadrar contas de débeda (mal chamada pública) mentres o déficit social se estende coma un cancro por toda a sociedade. Xa non nos poden vir coa excusa de que “fan o que hai que facer”, cando as propias fontes que inspiran as súa políticas de recortes recoñecen que fixeron mal as contas e que os resultados están a ser contraproducentes. Estes orzamentos cometen o mesmo erro que recoñece xa o FMI, as súas consecuencias serán tamén desastrosas, pero sabemos que o goberno, ante esta evidencia, no futuro volverá a dircirnos aquelo de que a culpa é da herdanza recibida.

Ante tanta inxustiza e cinismo, desde o STEG seguimos a loitar pola solución na que confiamos para sair desta crise democrática: máis educación.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
xaneiro de 2013

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal