Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Misérrima oferta pública de emprego
Hoxe, día 14 de xaneiro do 2013 o Conselleiro de Cultura e Educación anunciou que o seu departamento convocará este ano oposicións a infantil e primaria "que superarán as 200 prazas".

Para situarnos, algunha cifras:
  • Volve a non haber oferta para os corpos de Secundaria.
  • No ano 2012 non houbo oferta pública de emprego argumentando, desde a administración, que sería unha convocatoria inevitablemente con poucas prazas.
  • No ano 2011 ofertáronse 250 prazas para o corpo de mestres e 18 prazas para o corpo de profesores de artes plásticas e deseño.
  • Nos anos anteriores a estes recortes: No 2010 houbo 600 prazas para o corpo de mestres e 292 para os corpos de secundaria. No 2009 houbo 740 para mestres. No 2008 houbo 928 para mestres, 838 para PES, 82 para PTFP, 31 para EOIs e 35 para PMUS
Di, tamén o Conselleiro, que "Galicia pode presumir dunha baixas taxas de temporalidade e non renuncia á estabilidade no emprego público, neste caso no sector educativo, especialmente nos ámbitos do ensino de idiomas e na atención á diversidade". Que cara máis dura! Baixas taxas de temporalidade! Se se pasou de nomear 312 interinidades no concurso de provisionais para primaria, para o curso 10-11 a 547 (aumento dun 75%) no curso 12-13 e de nomear 110 interinidades para secundaria, para o curso 10-11 a 529 no 12-13 (aumento dun 380%). Ou  e que para o noso Conselleiro as interinidades non son traballo precario e temporal? Que estabilidade pode acadar o profesorado de secundaria se non sae oferta pública de emprego? E o do corpo de mestres se tan só saen 200 misérrimas prazas?

Vemos, pois, que serían necesarias moitas máis prazas para evitar a precarización en que se atopa un profesorado interino que ve cada vez máis lonxana a posibilidade de estabilizar a súa situación e a milleiros de graduados e graduadas que non poden acceder a unha praza pública.

Desde o STEG lembramos que o goberno de Galiza está en condicións para presionar en Madrid contra a decisión de non cubriren máis que o 10% das xubilacións, polo que esiximos á Consellaría que convoque urxentemente unha comisión que analice as necesidades reais do sistema educativo galego a curto e medio prazo, que serva para facer uha Oferta Pública de Emprego planificada para este e vindeiros anos, co obxectivo non só de repoñer o profesorado xubilado e o que se precise a maiores, senon de respectar ao profesorado interino e ás/aos estudantes que aspiran a acceder á docencia e que ven como cada ano teñen que estar pendentes dunha convocatoria de oposicións arbitraria e sen a mínima marxe de tempo imprescindible para concurrir en condicións ás probas.

OPE presentada pola Admon na mesa do 24/01/2013

Permanente do Secretariado Nacional
xaneiro do 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal