Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Implicación das familias na animación á lectura
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: Implicación das familias na animación á lectura

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
1. Comprender a influencia da familia na aprendizaxe escolar, especialmente na adquisición do hábito lector nas etapas de educación infantil e primaria.
2. Fomentar actitudes favorables á colaboración familia-escola no desenvolvemento dos obxectivos de aprendizaxe.
3. Analizar diversas estratexias de intervención didáctica para a implicación das familias na animación á lectura dende a perspectiva das comunidades de aprendizaxe.
4. Facilitar o coñecemento de recursos prácticos para a posta en marcha dun plan lector que inclúa a participación activa das familias.
Programa de contidos:
- Relación entre competencia lectora e rendemento escolar.
- Modelos familiares en relación coa lectura.
- Familias académicas e non académicas.
- Factores que inflúen na adquisición de hábitos e actitudes favorables cara a lectura.
- O modelo das comunidades de aprendizaxe.
- A aprendizaxe dialóxica.
- Estratexias e recursos “dialóxicos”: faladoiros literarios e grupos interactivos.
- Unha experiencia de traballo coas familias na aula.
Metodoloxía:
Esta acción formativa terá un carácter activo e participativo, combinando diferentes estratexias metodolóxicas e explorando o potencial formativo que encerra a interacción entre iguais.
Presentaranse brevemente algúns contidos teóricos co apoio de material audivisual e alternarase a explicación de conceptos e estratexias co traballo en pequenos grupos e a posterior posta en común das conclusións obtidas. Os participantes poderán analizar a súa experiencia sobre os temas tratados e contrastar e vincular os contidos do curso co seu labor docente.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 9 de marzo de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: A Coruña (local a determinar)

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 14 de xaneiro para as persoas afiliadas
- desde o 21 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: Dona María José García García

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Material funxíbel: 50€; Publicación, publicidade e impresos: 50€
- Manutención: 24€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal