Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
No centenario de Leiras Pulpeiro: aproveitamentos didácticos
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: No centenario de Leiras Pulpeiro: aproveitamentos didácticos

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
1. Repasar a vida, a obra e a traxectoria dunha das figuras máis destacadas da literatura galega de entre dous séculos, ao se cumprir o primeiro centenario do seu pasamento, procurando caracterizala nos seus trazos definitorios e contextualizala na dinámica das letras galegas e no propio devir histórico do país.

2. Analizar e comentar, tanto do punto de vista literario como do idiomático, algúns dos textos e fragmentos máis significativos da súa produción.

3. Reflexionar sobre as circunstancias concretas en que se desenvolveu a súa traxectoria como escritor dentro do marco xeral da nosa cultura.

4. Debater e deseñar colectivamente, coas persoas participantes no curso, elementos didácticos para a abordaxe da figura nas aulas nos distintos niveis educativos
Programa de contidos:
1. Breve aproximación biográfica.
2. O contexto histórico, social e literario
3. A significación cívica de Leiras.
4. A lingua poética de Leiras
5. Obra poética: títulos e trazos.
6. Fortuna póstuma.
Metodoloxía:
O curso desenvolverase por medio de breves exposicións introdutorias, orais ou en formatos dixitais, para cada un dos contidos contemplados, que serán seguidas dos correspondentes coloquios abertos.

Ademais, empregaranse diferentes textos e fragmentos escritos pertencentes ás distintas obras do autor para realizar lecturas, análises e comentarios de texto no propio curso e para deseñar actividades e proxectos que se poidan realizar logo, eventualmente, nas aulas.

Plan de avaliación da actividade
: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 9 de marzo de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Viveiro, IES Vilar Ponte

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- 14 de xaneiro para as persoas afiliadas
- 21 de xaneiro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Coordinadora/or do curso: D. Francisco Legaspi Díaz

Relación nominal das persoas relatoras: D. Armando Requeixo Cuba

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Material funxíbel: 50 €; Publicación, publicidade e impresos: 50€
- Manutención e desprazamento: 108€
- Gastos apertura local: 50€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal