Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
BOICOT, DESINVESTIMENTOS E SANCIÓNS (BDS) A ISRAEL
Manifesto
Manifesto dos Sindicatos de Galiza en apoio á campaña mundial Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS) a Israel

En palabras de Nelson Mandela, a xustiza para o pobo palestino converteuse no “meirande caso moral do noso tempo”. O brutal asedio de Israel a Gaza representa hoxe a máis crítica e urxente de todas as inxustizas israelís contra o pobo palestino que se manifesta en forma de innumerábeis violacións aos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario.

A sociedade civil palestina, a través do Comité Nacional Palestino (CNP) da campaña de Boicot, Desinvestimentos e Sancións, convocou a todas as persoas de conciencia e ás organizacións da sociedade civil de todo o mundo, a impulsar a campaña de BDS contra Israel. Inspirada na campaña de boicot contra o apartheid sudafricano, esta iniciativa está considerada como o medio máis efectivo de acabar coa ocupación colonial e o apartheid en Palestina e cargar a Israel coa súa responsabilidade ante o dereito internacional na procura dunha paz xusta.

A Campaña BDS é unha iniciativa pacífica liderada desde 2005 por organizacións da sociedade civil, partidos políticos e sindicatos que representan a poboación palestina, e que está apoiada por unha rede mundial de entidades que compoñen o movemento de solidariedade co pobo palestino.

A Campaña BDS fai un chamamento mundial a establecer medidas de presión contra Israel e evitar as relacións económicas, políticas e empresariais cun Estado que vulnera o Dereito Internacional e incumpre as resolucións da ONU. Esta iniciativa cívica é máis necesaria, se cadra, dada a actitude da Unión Europea e os seus estados membros, que permanecen impasíbeis ante a reiterada vulneración dos dereitos humanos, cívicos e políticos da poboación árabe de Palestina.

Por iso, a campaña BDS demanda ao mundo enteiro que boicotee a Israel, as súas institucións e as súas empresas, e tamén que retire os seus investimentos nas empresas que se benefician da ocupación ou da negación dos dereitos da poboación refuxiada.

Dado que todas as formas de intervención internacional fracasaron até o momento no seu intento de lograr que Israel cumpra coa lexislación internacional ou que poña fin á represión sobre os palestinos, represión que se manifesta de moi diversas maneiras (asedios, asasinatos indiscriminados, destrución intencionada e o racista muro colonial, etc.).

Os sindicatos abaixo asinantes facemos pública a nosa adhesión á Campaña BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións) contra o Estado de Israel, e comprométense a non colaborar coa política de apartheid en Palestina e a ocupación ilegal nos seus territorios.

Así mesmo, comprometémonos a denunciar publicamente a todas aquelas institucións e empresas galega que nas súas actuacións antepoñan intereses económicos, políticos ou doutra índole aos dereitos do pobo palestino e colaboren ou lexitimen coa ocupación colonial de Palestina.

Finalmente, os sindicatos asinantes deste manifesto decidimos adherirnos a esta campaña porque se basea na defensa dos Dereitos Humanos como universais, indivisíbeis e interdependentes (artigo 30 da súa declaración) e constitúe un medio cívico para cambiar situacións de inxustiza e violencia institucional e avanzar cara á xustiza e a paz. Consideramos ademais unha ferramenta lexítima o impulsar, na medida das nosas posibilidades, a Campaña Global de Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra o Estado de Israel, ata que cumpra o dereito internacional que lle compete en canto a:

  • Finalización da ocupación militar de Palestina.
  • Paralización e destrución do muro de Cisxordania.
  • Fin do sistema de discriminación racial.
  • Levantamento total e definitivo do bloqueo a Gaza.
  • Recoñecemento do dereito ao retorno para as persoas refuxiadas.

Galiza, a 8 de xaneiro de 2013.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal