Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
MUFACE
MÁIS RECORTES: MUFACE

O STEG denuncia que, ademais da perda directa dos nosos salarios, estamos a sufrir outras perdas diferidas (pensións) e indirectas (p. ex. MUFACE).

Neste último caso, para o ano 2013, o goberno fai que algúns programas dos que disfrutabamos como cidadás e cidadáns se recorten e outros, directamente, se suspendan.

Moitos destes programas inciden especialmente nas persoas maiores, persoas que son as máis necesitadas destas axudas sociais debido á súa menor dispoñibilidade económica e ao seu maior índice de doenzas, mesmo crónicas.

Os recortes que se fan efectivos este ano 2013:

SUBSIDIOS QUE SE RECORTAN

Subsidio por Defunción
: O módulo multiplicador do subsidio por defunción pasa a ser de 93,91€, cando o ano anterior era de 187,82 euros. O mínimo agora é de 751,28 euros; o ano anterior era de 1.502,53 euros.

Subsidio de Xubilación: MUFACE paga a metade dunha mensualidade ordinaria das retribucións básicas cando o ano anterior pagaba dúas mensualidades das retribucións básicas.

AXUDAS QUE SE SUSPENDEN
Para a dependencia e a atención social a maiores:
- Programa de axudas adicionais aos servizos e prestacións económicas do SAAD (Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia) que comprende as seguintes modalidades:
Axudas para o servizo de atención residencial
Axudas para o servizo de centro de día e de noite
Axudas para o servizo de tele asistencia domiciliaria
Axudas para axuda a domicilio
Axudas para a contratación de asistencia persoal
Axudas para coidados no entorno familiar
- Programa de renovación de axudas das mesmas modalidades concedidas no 2012 e anos anteriores
- Axudas de podoloxía básica para maiores
- Axudas de termalismo social para maiores

Prestacións Sociais:
- Programa de becas de estudo para mutualistas para o curso 13-14
- Axudas para a adquisición de vivenda

Pdf co documento
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal