Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Perspectivas da Poesía Actual
PRAZO REMATADO

Denominación da actividade
: Perspectivas da poesía actual

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
- Achegarse ao panorama poético galego actual (cun breve percorrido desde os anos 80) da man dunha poeta, Olalla Cociña, que co-organiza o ciclo de lecturas poéticas Picaversos en Santiago.
- Coñecer as principais figuras da nosa última poesía desde a lectura e a análise dos seus textos.
- Desde un formulamento práctico, con exercicios de creatividade, aprender a gozar da escritura e da lectura de poesía e trasladalo á aula.
- Saber das últimas noticias da poesía galega: premios, recitais, festivais, revistas, creación audiovisual e na rede.
Programa de contidos:
1.- Breve presentación biobibliográfica.
2.- Que é a poesía? Por que escribir?
2.- Desmontando tópicos e prexuízos. Temas e formas.
3.- Recursos estilísticos: cómo funcionan e cómo podemos empregalos na aula.
4.- A creación poética: xogo e goce.
5.- A poesía galega a partir dos anos 80: autores e autoras nos seus textos e nas súas voces. Principais xineas. Estado actual: últimas noticias e propostas.
6.- O pracer da lectura poética. A oralidade.
Metodoloxía:
Esta acción formativa terá un carácter eminentemente práctico, activo e participativo e levarase a cabo a través de diferentes recursos metodolóxicos. As exposicións teóricas estarán acompañadas de material escrito e dixital, con visionado de recursos audiovisuais. Levaranse a cabo exercicios prácticos de creación enfocados á súa reproducción na aula, polo que será fundamental a posta en común e posterior vinculación cos contidos teóricos das programacións dos docentes.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 13 de abril de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Compostela, Colexio López Ferreiro (Avda Doán XXIII / r/Xazmíns)

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 04 de marzo para as persoas afiliadas
- desde o 11 de marzo para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Coordinadora/or do curso: Dona Inmaculada Cortón Tesouro

Relación nominal das persoas relatoras: Dona Olalla Cociña Lozano

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50 €;
- Gastos de manutención: 24€
- Gratificación persoal atención local: 50€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal