Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Iniciación ao uso do vídeo como ferramenta pedagóxica
PRAZO REMATADO
Denominación da actividade: Iniciación ao uso do vídeo como ferramenta pedagóxica

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
O presente curso vai dirixido ao profesorado de primaria, secundaria e bacharelato, interesado no emprego do audiovisual como ferramenta e como recurso na mellora dos procesos de aprendizaxe.
Os obxectivos xerais da actividade descríbense na seguinte enumeración:
1. Estudar as características básicas da linguaxe audiovisual.
2. Coñecer experiencias do uso do vídeo como ferramenta pedagóxica.
3. Describir as posibilidades do emprego do vídeo nos procesos de formación.
4. Aplicar os principios básicos da produción audiovisual no traballo na aula.
5. Identificar aplicacións informáticas que interveñen na produción audiovisual.
Programa de contidos:
1. A linguaxe audiovisual. Principios básicos.
2. A produción do vídeo. Equipos e fases.
3. Aprender audiovisual fronte Aprender co audiovisual.
4. Métodos e estratexias educativas do vídeo.
5. Traballo práctico:
6. O guión do vídeo didáctico
7. A montaxe ou edición audiovisual.
8. Deseño dunha unidade didáctica: A produción audiovisual na aula.
9. Elaboración de fichas para o traballo con vídeos na aula.
10. Creación dunha canle educativa nunha plataforma en liña de distribución de contidos audiovisuais
Metodoloxía:
1. A actividade combina a formación básica teórica coa experimentación práctica.
2. A exposición teórica apoiarase con proxeccións de vídeos de carácter didáctico así como o coñecemento de plataformas existentes na rede.
3. Cada un dos alumnos/as desenvolverá unha práctica a partir dos coñecementos teórico/prácticos desenvoltos co apoio e asesoramento do formador.
4. Para un mellor aproveitamento da acción formativa recoméndase contar cun portátil para o desenvolvemento da práctica.
5. Ao finalizar a actividade facilitarase un documento con información para a ampliación de contidos.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 20 de abril de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Pontevedra, IES Xunqueira I

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 04 de marzo para as persoas afiliadas
- desde o 11 de marzo para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: D. Xes Chapela

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50 €;
- Gastos de manutención: 24€
- Gastos de deslocamento:
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal