Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Orientacións para o traballo co ABALAR
PRAZO REMATADO
Denominación da actividade: Orientacións para o traballo co ABALAR

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
• Orientar ao profesorado no uso eficiente do equipamento da aula Abalar: armario de carga, EDI, portátil profesor e netbooks alumnado.
• Coñecer distintos protocolos de traballo docente nas aulas Abalar.
• Resaltar a importancia da web dinámica do centro (Drupal, Moodle e Coppermine) como ferramenta de traballo básica na aula Abalar.
• Adecuar a práctica docente ao novo contexto de aula dixital buscando unha maior eficacia na transmisión de coñecementos grazas ás TIC.
• Facilitar o coñecemento e desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos que incorporan os últimos avances tecnolóxicos na educación, especialmente o relacionado coa filosofía do software libre.
Programa de contidos:
• Características do proxecto Abalar.
• Manexo básico do equipamento das aulas Abalar:
◆ Armario de carga: para que serve e como funciona.
◆ Conexión de periféricos básicos ao equipo do profesor.
◆ Manexo do encerado dixital: acendido, configuración e posibilidades de traballo.
◆ Achegamento aos equipos netbook do alumnado.
• Software libre e o proxecto Abalar:
◆ Filosofía do software libre.
◆ Software libre e ensino.
◆ O software libre no proxecto Abalar.
• A web dinámica: Drupal, Moodle e Copermine
◆ Drupal: agregar contido
◆ Coppermine: subir imaxes
◆ Moodle: configuración básica dun curso virtual.
• Emprego avanzado da rede con fins didácticos: Internet e Educación
◆ Licencias Creative Commons
◆ Busca e catalogación de recursos web: presentacións, fotografías e vídeos, infografías, páxinas web, Wordle, actividades JClic, actividades LIM, webquest.
◆ Contidos dixitais educativos do espazo abalar.
Metodoloxía:
• Exposicións didácticas mediante presentacións multimedia (2 horas).
• Posta en común e debate sobre os seguintes temas:
◆ Implantación das TICs no ensino galego a partir do proxecto Abalar (1 hora).
◆ Idoneidade do software libre no ensino (1 hora).
• Prácticas nunha aula TIC Abalar, onde o profesorado participante empregará o equipamento da aula para traballar :
◆ Software didáctico instalado no equipamento Abalar (2 horas).
◆ Recursos educativos na rede (2 horas).
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 20 de abril de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Vilagarcía de Arousa, IES Fermín Bouza Brei (Fontecarnoa)

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 04 de marzo para as persoas afiliadas
- desde o 11 de marzo para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso: Dona Isabel González Avión

Relación nominal das persoas relatoras: D. José Carmelo Cacabelos Romero e D. Gumersindo Monteagudo Domínguez

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50 €
- Gastos de publicidade: 50€
- Gastos de manutención: 36€
- Gastos de deslocamento: 24,50€
- Gratifiación conserxe local: 75€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal