Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Aprender a ver cine
PRAZO REMATADO
Denominación da actividade: Aprender a ver cine

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
O presente curso vai dirixido ao profesorado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos interesado en coñecer as claves da análise cinematográfica a través dos seus elementos constitutivos, así coma algunhas posibilidades para a súa utilización didáctica.
Haberá unha parte adicada á explicación e desenvolvemento dos distintos epígrafes anotados no programa.
O obxectivo central do curso consiste en axudar a facer máis conscientes os mecanismos e os discursos que configuran as obras audiovisuais, e reflexionar sobre a súa natureza.
Ao finalizar o curso o profesorado adquirirá unha visión das bases da chamada linguaxe cinematográfica no contexto da historia do século XX e o mundo actual.
De este modo, posuirá unha guía e unha serie de ferramentas que lle permitirá traballar o material audiovisual co alumnado na aula.
Finalmente, tamén comprenderá a importancia do cine como obxecto de coñecemento, como medio de comunicación e como elemento imprescindible de apoio na aprendizaxe.
Programa de contidos:
1. Introducción: natureza e orixes do cine.
2. Relacións entre o cine e as demais artes.
3. Conceptos básicos de historia e estética cinematográfica.
4. A linguaxe cinematográfica. Fragmentación e continuidade. Tempo e espazo.
5. O poder da montaxe cinematográfica e a súa tipoloxía.
6. Os elementos do cine I: o plano.
7. Os elementos do cine II: o son.
8. Os elementos do cine III: a luz.
9. Historia e cine.
10. O cine e as súas posibilidades didácticas.
Metodoloxía:
Comezarase cunha presentación teórica e explicativa dos diferentes puntos do programa.
A explicación apoiarase en fragmentos de secuencias de diferentes películas e obras audiovisuais.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 27 de abril de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: A Coruña, local a concretar

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 11 de marzo para as persoas afiliadas
- desde o 18 de marzo para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso: Dona María Sonia Fernández Casal

Relación nominal das persoas relatoras: D. Antonio Brea Ramos

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50 €;
- Gastos de manutención: 24€
- Gastos de deslocamento:42 €
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal