Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Obradoiro sobre detección de situacións de risco social entre o alumnado
PRAZO REMATADO
Denominación da actividade: Obradoiro sobre detección de situacións de risco social entre o alumnado

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
A escola é a institución máis relevante para a infancia, xunto á familia, nos anos correspondentes á educación infantil e primaria; e unha das máis importantes na secundaria e posterior.
O coñecemento e relación establecidos entre o persoal educativo e os nenos e nenas, así como coas súas familias, fai posible unha detección e abordaxe precoz de situacións que poden derivar en problemas ou dificultades. Isto converte á escola nun axente eficaz na prevención e promoción do bo trato á infancia.
As situacións de risco e desprotección que afectan a menores deben ser abordadas en base a dous parámetros fundamentais: rigorosidade e rapidez.
Con demasiada frecuencia, as persoas que traballan nos eidos dos servizos sociais, educativos, sanitarios… contrapoñen ambos os dous parámetros, ou mesmo non contan coa posibilidade de axustarse a ningún deles.
O obxectivo xeral deste curso é facilitar ferramentas que permitan detectar e valorar situacións susceptibles de cualificarse como de risco ou desprotección, así como a toma de decisións que se deriva das mesmas.
Ademais, ofrecerá a posibilidade de aplicar estas ferramentas a situacións concretas propostas polo profesorado participante.
Programa de contidos:
- Exposición teórica e coloquio:
  • Situacións de risco ou maltrato.
  • Dificultades inherentes na súa abordaxe.
  • Aspectos legais a ter en conta.
  • Utilización de principios, criterios e indicadores.
  • Escalas de valoración.
  • Criterios de dano potencial e cooperación familiar.
  • Rede institucional e axentes básicos.

- Exemplos prácticos: Traballo sobre situacións prácticas para a aplicación de escalas de valoración, e de criterios para a toma de decisións.
Poderemos analizar situacións concretas propostas polas persoas docentes participantes, completando a súa valoración e toma de decisións.
Estas situacións deberán ser presentadas con antelación ao docente, para poder preparar as dinámicas necesarias; deberan respectar a LOPDCP, eliminando datos que permitan a súa identificación; poden ser actuais ou non, reais ou ficticias.
Facilitaremos un modelo para a recollida da información básica a transmitir previamente ás persoas docentes.
Metodoloxía:
- Breve exposición teórica e coloquio sobre diferentes aspectos metodolóxicos e técnicos.
- Aplicación das diferentes ferramentas a exemplos prácticos.
- Análise e debate de casos concretos propostos polas persoas participantes.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 11 de maio de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: A Coruña, local a concretar

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 11 de marzo para as persoas afiliadas
- desde o 18 de marzo para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Coordinadora/or do curso: Dona María Sonia Fernández Casal

Relación nominal das persoas relatoras: D. Andrés Hernández Mouriño. Diplomado en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1991.
Post-Grao en Intervención Familiar pola Universidade de A Coruña, en 2000.
Dende 1994, traballa en ENL especializada en protección á infancia, coma técnico en intervención familiar; dende 2005, como técnico de proxectos de carácter educativo e preventivo. Previamente, 2 anos en servizos sociais de atención primaria.
Dende o año 2005, docente en temas relacionados coa intervención familiar, problemáticas da infancia, etc.

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50 €
- Publicación, publicidade e impresos: 50€
- Gastos de manutención: 24€
- Gastos de deslocamento: 27€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal