Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2012/2013
Creación e xestión dun blog escolar
PRAZO REMATADO
Denominación da actividade: Creación e xestión dun blog escolar

Modalidade formativa: Curso

Obxectivos da actividade:
O presente curso vai dirixido ó profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en tentar aproveitar os blogs como ferramenta de traballo para as súas clases e como medio para dar visibilidade as actividades realizadas co alumnado. En concreto, está máis orientado para o profesorado de linguas; pero, como exemplo, podería servir para todo tipo de profesorado que estea implicado en actividades relacionadas coa biblioteca, os clubs de lectura ou os equipos de dinamización da lingua galega.

Nunha primeira parte, dedicaremos un tempo á creación dun blog a través dun titorial de blogger, tentaremos que esta se desenvolva de xeito práctico e achegaremos experiencias propias para dominar todos os trucos básicos de creación dunha entrada ou post (texto, imaxes, vídeos).

As motivacións de creación do blog escolar poden ser moi diversas, de aí que procuraremos adaptarnos ás necesesidades de cada profesional específico. Aínda así, o noso curso estará máis centrado na exposición de experiencias en torno a blogs, que son específicos dun Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), da biblioteca, e dun club de lectura escolar.

O obxectivo último é que o profesorado se achegue ó emprego dos blogs para que a súa actividade docente sexa máis atractiva para el e para o seu alumnado, e entenda que poden ser unha ferramenta útil no desenvolvemento do seu labor docente.

Por último, no tocante á xestión dun blog, expoñeremos a nosa experiencia desde o punto de vista da realización de actividades e do que sería máis unha bitácora de linguas. Trataremos, tamén, a interacción do blog co uso das redes sociais (facebook e twitter) para achegármonos ós intereses de cada docente, en particular, e dos labores docentes en xeral.
Programa de contidos:
1. Creación dun blog escolar (titorial de blogger).
2. O uso do blog na educación.
3. Tipo de orientación do blog escolar:
3.1. Antoloxía de recursos para a aula.
3.2. Visibilidade das actividades escolares.
3.3.Caderno de traballo para o alumnado.
3.4. Propostas de proxectos de traballo.
4. Unha experiencia concreta cun blog dun EDLG, da biblioteca escolar e dun club de lectura.
5. Propostas de xestión desde a interacción coas redes sociais. (twitter e facebook)
Metodoloxía:
Comezaremos cun titorial de blogger para afacernos ós elementos básicos de manexo de creación dun blog, desde o punto de vista dun usuario con coñecementos informáticos básicos. Aproveitaremos para que cadaquén co seus propios ordenadores comece a dar os seus primeiros pasos.

A continuación, trataremos un módulo teórico sobre os distintos usos do blog na educación. A esta parte seguiralle outra de exposición dos distintas maneiras de orientación do blog escolar.

O seguinte módulo trata unha experiencia concreta dun blog dun EDLG, da biblioteca escolar e dun club de lectura.

Por último, presentaranse unha serie de propostas para xestión dun blog baseadas na interacción coas redes sociais: facebook e twitter.
Plan de avaliación da actividade: Co ánimo de realizar unha avaliación externa obxectiva do curso, ao finalizar este entregaraselles as persoas participantes, para que a cubran, a Enquisa de Avaliación da Actividade que figura no anexo II da Orde do 1 de marzo de 2007.

Datas de realización: Sábado, 08 de xuño de 2013

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar de celebración: Viveiro, IES Vilar Ponte

Valoración das horas de formación: 8 Horas

Número de prazas: 20 prazas

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o 11 de marzo para as persoas afiliadas
- desde o 18 de marzo para o resto das persoas.
Criterios de inscrición:
1º Persoas afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
2º Peroas non afiliadas, por orde de chegada das solicitudes
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Coordinadora/or do curso: D. Fracisco Legaspi Díaz

Relación nominal das persoas relatoras: Dona Salomé Díaz Muñiz

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 25€;
- Gastos de manutención: 24€
- Gastos de deslocamento: 116€
- Gratificación persoal atención local:75€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal