Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
O STEG oponse a esta transformación
O STEG OPONSE  Á TRANSFORMACIÓN DOS IES AS MERCEDES DE LUGO E A CARBALLEIRA DE OURENSE EN CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

O sindicato STEG rexeita a conversión dos IES AS MERCEDES e A CARBALLEIRA en Centros Integrados de Formación Profesional. Quere deixar clara a súa postura ante a actitude autoritaria, despótica, escurantista e de desprezo ao profesorado e mesmo a todas as comunidades educativas que van verse afectadas, das Xefaturas Territoriais de Educación e da propia Consellería, de aí que esixamos a dimisión dos Xefes territoriais de Educación das dúas provincias así como a do Director Xeral de FP e a do Director Xeral de Recursos Humanos.

Non é a primeira vez que as "formas" de facer desta Consellería en asuntos idénticos (transformación do IES nº1 de Lugo en CIFP) adoecen dunha deficiente xestión que fai que as consecuencias das súas decisións sexan moito máis graves do que deberan ser.

En canto ás familias:
Unha gran cantidade de alumnas e alumnos se lles obriga a cambiar de centro para outros centros máis distantes posto que, no caso de Lugo, a zona sur queda sen centro de ESO e BAC, amoreando alumnado nos centros que recibirán a este alumnado. Nos centros que se van transformar as relacións entre as comunidades educativas non presentaban ningún problema e nos que había proxectos definidos a medio-longro prazo.

En canto ao profesorado
:
Supón a perda de destino dunha gran cantidade de docentes que, de terse feito co tempo e a antelación precisa, podería ter concursado e pensar na mellor maneira de solucionar esta difícil situación laboral. Incide, tamén, no actual CXT posto que, de ser certo o que nos transmitiron as Xefaturas Territoriais, as vacantes provisionais, xa adxudicadas, poderían desaparecer para ofertarse ao profesorado que sairá desprazado por falta de horario.

Ao STEG cónstalle a total falta de información aos centros afectados pola eliminación de ensinanzas e tamén nos receptores do alumnado e profesorado. Por outra banda, puidemos comprobar o total rexeitamento a esta medida por parte das comunidades educativas.

Fronte a isto, o STEG trasladou ás Xefaturas Territoriais a esixencia de que, en todo caso,  se pospuxese a transformación ao curso 2014/2015 e que o tema sexa tratado en profundidade na Mesa Sectorial e coas comunidades educativas dos centros que se puidesen ver afectados, contando con toda a información necesaria para avaliar o seu impacto e para estudar as vacantes de cara aos concursos de Traslados, tratando de chegar a un consenso con toda a comunidade afectada

Ao mesmo tempo, o STEG apoiará todas as medidas que a comunidade educativa dos IES AS MERCEDES e A CARBALLEIRA propoñan para impedir que esta medida se leve a efecto.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
marzo de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal