Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Novo golpe ao ministro Wert
NOVO GOLPE AO MINISTRO WERT NO DITAME DO CONSELLO DE ESTADO SOBRE A LOMCE

O Consello de Estado emitiu o seu informe sobre o anteproxecto LOMCE. Este ditame supón un novo golpe para a proposta de contrarreforma educativa, da que é responsable o Ministro Wert en aspectos fundamentais, ao tempo que valida as críticas de que a LOMCE é unha proposta de partido, ideolóxica e non negociada nin consensuada.

O Consello de Estado pide que se acade un acordo coas forzas políticas e sociais para dar estabilidade ao sistema xa que este anteproxecto conseguiu o rexeitamento de todas as organizacións representativas da comunidade educativa do ensino público, así como da maioría de partidos con representación parlamentaria, pois non houbo nin negociación nin acordo.

No apartado de financiamento, o Consello de Estado observa unha “insuficiencia da valoración económica que suporá a súa aprobación”, ao mesmo tempo que pide ao Ministro que publique “os custos efectivos do anteproyecto de Lei e a fixación dos compromisos no tempo para o seu financiamento”. Remata o Consello denunciando a insuficiencia económica para aplicar as medidas que presenta o anteproxecto.

En canto ás materias, o dictame do CE acusa ao ministerio de educación de presentar de xeito confuso as materias troncais e específicas e a súa oferta obrigatoria ou voluntaria por parte das administracións educativas e alude á necesidade de que algunhas materias sexan de oferta obrigatoria e non voluntaria. Propón que se volva a fixar o estatuto e horario das ensinanzas artísticas e do segundo idioma estranxeiro en Primaria, sendo de oferta obrigatoria para os centros; e que volva a ser de oferta obrigatoria a Educación Artística, a Música, a Tecnoloxía, o segundo Idioma Estranxeiro e a Cultura Clásica na Educación Secundaria. Reclama unha materia relativa á formación ético-cívica, sinalando á Educación para a Cidadanía, tanto en Primaria como en Secundaria, eliminada polo goberno. No Bacharelato, o Consello de Estado pide ao Ministerio que todas as materias que presenta como optativas a ofertar por parte da administración, sexan de oferta obrigatoria para os centros.

O Consello de Estado tampouco comparte a contrarreforma que se presenta no tema do ensino das linguas cooficiais, propoñendo que sexan as Consellerías de Educación dos distintos territorios as que determinen a porcentaxe que debe darse no uso das dúas linguas no ensino, e rexeita que se deban pagar clases en castelán ao alumnado que o demande. E dicir, propón validar o modelo actual.

Respecto ás reválidas recoñece que as que presenta o anteproxecto da LOMCE poderán ser levadas a cabo por empresas externas e insta a que sexa o propio profesorado do centro quen as faga. Denuncia o stress infantil que poden supoñer a proliferación de reválidas na Educación Primaria. Tamén cuestiona a posibilidade que se abre de que as universidades poidan facer probas específicas, xa que a súa posta en marcha suporía acabar coa equidade no acceso ao ensino superior.

Pide que se volva ao que marca a normativa vixente en canto a distribución de competencias entre as comunidades e o estado no relativo ao deseño do currículum, volvendo ao 55/65% en función de se teñen lingua propia ou non, cualificando de “incoherente” a distribución que se propón na LOMCE.

O Consello de Estado, á vez que pon en cuestión a desaparición da Educación Cívica en Primaria e Secundaria, cuestiona que o ensino da relixión teña unha alternativa obrigatoria como propón o anteproxecto de Lei, pois, tal e como dixo o Tribunal Supremo, de ser así, o alumnado de relixión non estudaría nunca competencias cívicas e sociais.

Tamén pon en cuestión a especialización curricular dos centros e alerta sobre a falta de equidade no acceso a estes centros.

Respecto á segregación en razón do sexo, o Consello recoñece que o sistema de coeducación ou educación mixta constituíu, sen dúbida, “un avance no tratamento da igualdade de xénero que é constitutivo da democracia” e recoñece que os centros concertados non teñen un dereito “incondicionado” ao financiamento público.

O Consello de Estado considera curto o prazo para a implantación desta reforma, dous anos, e pide que se amplíe.

O STEG, unha vez analizado este extenso informe, conclúe facendo un chamamento ao goberno e ao PP para que retiren a Lei, reclamando ao mesmo tempo o inicio dun proceso de debate e diálogo sobre os cambios que precisa o ensino público para mellorar; así mesmo chamamos á participación nas movilizacións convocadas en contra dos recortes en educación, contra a LOMCE e en defensa do ensino público.

Secretariado Nacional do STEG
25 de abril de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal