Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Rolda de prensa para denunciar a súa situación

O STEG VEN DE PARTICIPAR NA ROLDA DE PRENSA QUE CONVOCOU O COLECTIVO DO PROFESORADO DOS CURSOS CELGA PARA DENUNCIAR A SÚA SITUACIÓN

O colectivo de profesorado que imparte os cursos CELGA convocou hoxe unha rolda de prensa no Parlamento de Galicia para denunciar a súa situación sociolaboral e a situación de abandono na que se atopan estes cursos por parte da Dirección de Política Lingüística na súa “cruzada” por desprestixiar a lingua e a cultura do noso país.

Á rolda de prensa asistiron representantes do profesorado CELGA, de CTNL, representantes das organizacións sindicais STEG, CUT e CIG e representantes dos grupos parlamentares da oposición, BNG, AGE e PSOE.

Nela denunuciouse a situación de precariedade laboral que este colectivo está a padecer por parte da Xunta de Galicia. Aos contratos de servizos que asina este colectivo sen ser dadas e dados de alta e nos que non se cotiza por eles na Seguridade Social, hailles que sumar a condición de “ser demandantes de emprego” polo que non poden estar a desempeñar outro traballo pasando así dunha situación de desemprego a unha situación de precariedade xa que, debido aos recortes que Política Lingüística está levando a cabo en todo o que sexa a prol da nosa lingua e identidade cultural, este profesorado traballa de media ao ano 70 horas (un curso).

Esta figura de profesorado colaborador non ten dereito a baixas e ao non poder darse de alta como autónomos por non poder pertencer ao réxime da Seguridade Social, tampouco terían dereito a ningunha retribución en caso de substitución por incapacidade temporal. O que lles toca cando este feito se produce, é ser substituídas ou substituídos por outro “colaborador ou colaboradora” e quedar sen cobrar a parte do curso que non puideron impartir.

Hai que lembrar que se trata de cursos que teñen a función de contribuír á dignificación da identidade cultural e lingüística do noso país e da nosa lingua polo que non estaría de máis que se comezase pola dignificación do profesorado que os imparte.

O STEG denuncia este xeito de contratación e esixe sexan revisadas as condicións socio laborais de este colectivo que engloba a máis de 300 profesionais ao tempo que solicita a creación dun equipo docente estable baseado na obxectividade da contratación que garanta a igualdade de oportunidades, a transparencia na contratación, o aproveitamento dos recursos públicos e a mellora da calidade do ensino.

pdf co documento
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal