Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Facer menos con máis
AXUDAS Á COMPRA DOS LIBROS DE TEXTO: FACER MENOS CON MÁIS…

Facer máis con menos. Ese foi o argumento esgrimido pola consellaría para substituír o préstamo universal de libros de texto, no ensino público e no concertado, polo chamado programa de “gratuidade solidaria”, que de solidario tan ben pouco á vista dos resultados. O balance económico demostrou que subvencionar non só e máis caro que prestar, senón que ademais beneficia a menos estudantes. No último ano do programa de universalidade gastáronse 14 400 000€ fronte aos 15 099 106€ gastados no ano 2012 en beneficiar a menos do 50% das familias.

A Xunta ven de presentar un proxecto de orde onde amplía a vixencia dos libros de texto de catro a seis anos creando un problema onde non o había. Desde o STEG, aínda sendo críticos con aspectos do anterior sistema de gratuidade, valoramos positivamente tanto a gratuidade como a universalidade do proxecto do anterior goberno.

Resulta sorprendente ver os argumentos que a Consellería esgrime neste proxecto de orde para xustificar esta nova medida e que encaixarían perfectamente na xustificación do prestamos de libros universal que este goberno eliminou nada máis chegar á Xunta:
  •  “En consonancia coa política de austeridade do Goberno da Xunta de Galicia…”, é austeridade gastar máis e beneficiar a menos familias???? Pois iso é exactamente o que está acontecendo co sistema de axuda implantado polo goberno do PP. Cabe lembrar que a administración de Feijoo gastou máis dun millón de euros en cambiar os libros de texto de matemáticas e física e química polo só feito de estaren en galego…
  •  “… reforzar a garantía da igualdade de oportunidades no acceso á educación e a calidade do ensino.” Para garantir esa igualdade de oportunidades o goberno tería que implantar non só unha “axuda” para libros senón a gratuidade total dos libros de texto, o material escolar e os recursos educativos ademais dos servizos complementarios, transporte e comedor, e só así poderemos garantir o acceso á educación en igualdade de condicións.
  •  “…permitir o uso por distintos membros da familia...” o que antes se facía desde a propia Xunta co sistema de préstamo universal, pero non só a nivel familiar senón a nivel de centro, prestando libros que se devolvían ao final do curso, agora o goberno anima a que o fagan as familias… se queren ou poden...

  •  “…transmitir ao alumnado a cultura xeral do uso racional e sostible dos recursos…”, é un acto de cinismo escoitar falar do uso racional dos recursos a unha administración que acabou cun sistema de préstamo onde se aprendía ao alumnado a considerar o libro de texto como un ben compartido que debía ser preservado e ao que se lle daba o uso pedagóxico e social do ben común compartido.

Son moitos os centros de ensino que seguen a utilizar o sistema de préstamo de libros porque son moitos os centros sensibles á problemática económica do alumnado e das familias, problemática que parece non ver o goberno. Con esta medida o único que busca a Xunta é aforrar na partida de axudas á compra de libros e material escolar que cada ano pon en marcha xa que cada vez son máis as familias que entran nos tramos económicos susceptibles de axudas por mor desta crise na que nos meteron os gobernos e que estamos a padecer, dun xeito ou outro, o conxunto da sociedade.

Se realmente o goberno quixese que a igualdade de oportunidades no acceso á educación fose unha realidade e non unha frase bonita o que tería que facer é apostar abertamente polo ensino público, único que garante unha educación igualitaria, democrática e universal e o único que pode facer que a educación en igualdade de condicións sexa unha realidade para todo o alumnado.

Permanente do Secretariado Nacional
maio de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal