Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Licenzas por formación
NOVA ORDE, NOVO RECORTE: LICENZAS POR FORMACIÓN

O tipo de educación que se pretenda ofrecer ao alumnado determina e configura, sen dúbida, a formación do profesorado. Partindo desta premisa resulta moi revelador analizar a política e os modelos de formación do profesorado da actual consellaría de educación, sendo especialmente significativa as modificacións realizadas na orde de licenzas por estudo, na que se pasou de poder solicitar unha licenza para o curso 10-11 para elaborar recursos educativos de calquera das materias e modalidades… á que o 90% das mesmas estean destinadas para a elaboración de material curricular dixital e para a formación do profesorado, preferentemente non especialista, en inglés. O fracaso desta viraxe na convocatoria, deseñada á medida dos “plans estrela” da consellaría e de costas ás demandas e necesidades do profesorado, reflíctese nas cifras de cobertura das prazas ano tras ano, como podemos ver na táboa de datos da convocatoria do curso 12-13:

Modalidade de licenza
Oferta
de prazas
Prazas
concedidas
Porcentaxe
cuberta

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais.

60
meses
1 x 3 = 3
meses
5%

2. Grupo de traballo de dous membros para a creación de materiais curriculares dixitais

120
meses
18 x 3 = 36
meses
30%

3. Proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional

30
meses
12 x 3 = 36
meses
120%

4. Grupo de traballo de dous membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional

90
meses
8 x 3 = 24
meses
27%

5. Grupo de traballo de dous membros para a creación de cursos non presenciais

60
meses
7 x 2 = 14
meses
23%

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

240
meses
7 x (1-3)=

Entre 7 e 21

meses

3% - 9%


Xa no ano 2011 o STEG denunciou a ausencia de argumentos pedagóxicos ou de calidade educativa para eliminar as modalidades formativas adaptadas ás necesidades diversas do profesorado e do alumnado a favor da formación en inglés, para facilitar a aplicación do decreto de Plurilingüísmo que desde o comezo tivo problemas ao carecer do profesorado necesario para a súa mínima implantación, e da elaboración de materiais curriculares dixitais encamiñados a dotar ao programa ABALAR dos contidos dos que carece. Ambas modalidades están recollidas nesta orde e seguen sendo o obxectivo único da mesma.

O prezo pagado en calidade educativa é a todas luces intolerable, e desde o STEG así o denunciaremos ante o profesorado e o resto da sociedade. Estamos ante o exemplo de que, ao poñer o “carro diante dos bois” con estes dous plans “estrela”, esta consellaría está disposta a levarse por diante a calidade educativa.

A actual convocatoria repite os erros denunciados nos últimos anos, co agravante de darse nun contexto de redución drástica do orzamento destinado á formación do profesorado. A Xunta ten reducido no capítulo de formación e perfeccionamento do profesorado nun 41 % desde que goberna o PP. Desta medida non se salva nin a FP, supostamente prioritaria no modelo educativo do goberno, á que se lle aplica un recorte do 30.

Desde o STEG denunciamos tamén que a elaboración de materiais escolares para os que se conceden as licenzas non teñen por que ser presentados en galego, a pesares de ser evidente que a oferta de materiais existente, dixitais ou non, é moito máis reducida na nosa lingua. Un exemplo máis de que a racionalidade na xestión da que tanto se gaba este goberno non existe cando se trata de facer retroceder a presenza do galego no ensino…

A intensidade destes recortes fai absolutamente intolerable que a Consellaría non rectifique do que sen dúbida ten sido o seu maior fracaso en formación do profesorado e volva a presentar ao profesorado unha oferta de licenzas completamente de costas ás demandas docentes de formación.
Ante este sensentido, o STEG exixirá ao Presidente da Mesa Sectorial de Educación a retirada de esta orde por non responder ás demandas formativas do profesorado.

Secretariado Nacional do STEG
maio de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal