Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
O STEG apoia a manifestación do xoves 30 de maio en Lugo
MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES

O STEG apoia, á vez que convida á toda a súa afiliación e a todas aquelas persoas que queran achegarse, á manifestación convocada pola Plataforma Cidadá en Defensa do IES As Mercedes.

A manifestación, que será o vindeiro xoves, 30 de maio, e que partirá do IES As Mercedes ás 19:30 horas, convócase por varios motivos, todos eles relacionados coa defensa do ensino público e a calidade deste:
  • Na zona sur de Lugo necesítase manter un IES de ensino medio.
  • Esta decisión fai que os IES do centro da cidade amoreen alumnado ata chegar ao tope das ratios legais. Iso é pular pola calidade?
  • A ampliación da oferta educativa na FP ten que ser e pode ser totalmente compatible coa continuidade da ESO e do Bacharelato.
  • A Administración non pode ser arbitraria e necesita ter informes previos; a proba de que non os tiña feitos é a eliminación das prazas, xa adxudicadas a profesorado, na adxudicación provisional do CXT.
  • O novo CIFP terá que cumprir coa normativa que regula aos CIFP e este centro non a cumpre.

Por todo o exposto, facemos un chamamento a toda a comunidade educativa que poida achegarse para que nos acompañe nesta manifestación que, ao cabo, quere defender a calidade dun ensino público.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal