Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Vídeo crítico co repago proposto pola Consellería para o vindeiro curso


Vídeo producido pola ANPA do colexio público de San Sadurniño en protesta polo proxecto de repagamento dos comedores escolares que a Consellería de Educación pretende levar a cabo.
Licenza de recoñecemento de Creative Commons (reutilización permitida)
 
Comedores:
Sr. Conselleiro, de verdade considera esta medida xusta e social?

Sempre houbo criterios de renda fixados para o uso do comedor escolar, non é algo novo. Claro está, criterios destinados aos fillos e fillas daquelas familias que optaban voluntariamente a este servizo, o 12% neste momento, e sempre supeditados a que houbese prazas libres. A súa óptica “urbanita” e malintencionada, de novo faille confundir a parte co todo: a realidade que vostede mostra non é toda a realidade.

Sempre, igualmente, se garantiu a gratuidade do comedor para o alumnado transportado, aquí e no resto de CC.AA. con poboación dispersa. Enténdese e entendíase que eran servizos complementarios, isto é, que non podían existir un sen o outro. Cando a distancia e o tempo non permiten ir xantar á casa, (e aquí non vale a súa tan traída e levada “liberdade” das familias), había que facelo no centro.

Sempre, tamén, o dereito á educación dos menores obrigaba ás familias a escolarizalos e, froito de tal obriga, derivaba a da propia administración educativa a facilitar os servizos precisos para garantir tal dereito. Ou senón, con que argumentos vai vostede dicirlle a unha familia que non pode substraer sistematicamente as súas fillas e fillos da educación vespertina? É o dereito á educación o que pon vostede en xogo, agora.

Sempre se usou o comedor como lugar de formación en hábitos alimentarios, como garantía dunha alimentación saudable e unha dieta equilibrada. O comedor incide tamén extraordinariamente na conciliación da vida laboral e familiar e garante a igualdade de oportunidades e prestacións entre homes e mulleres.

Nunca se manterá o transporte como servizo gratuíto, por moito que vostede o asegure, se aceptamos pagar o comedor; se hai razón para o copago no comedor, tamén a haberá para o copago no transporte, forman parte do mesmo servizo. Como xustifica vostede devolver un neno/a á súa casa ás 5, 6 ou 7 da tarde sen a seguridade de que fixo polo menos unha comida ben feita ese día?

Nunca se entendeu a progresividade como cargar sobre as mesmas persoas, que somos as de abaixo, as da periferia, as que vivimos no rural, os custes dos servizos. Mentres as grandes fortunas (non importa se fraudulentas) gozan de amnistías fiscais e de impostos lineais, vostede precariza e empobrece ao groso da sociedade galega. Resulta insultante que dedique 27 millóns a comedores e 29 a manter o absurdo da relixión como materia académica no ensino obrigatorio.

Nunca
acreditaremos inxenuamente na súa promesa de ir asumindo no futuro todos aqueles comedores escolares non xestionados directamente pola Consellaría. Con que motivo, Sr. Conselleiro, nun contexto de adelgazamento do público e austeridade da administración, vostede vai asumir a xestión de máis comedores? Como casa este anuncio coa realidade da medida que acaba de tomar? Só dunha maneira: a de que vostede ten a intención de mellorar as expectativas de mercado das empresas ás que vostede lles vai vender no futuro a concesión deste servizo.

Nunca, en definitiva Sr. Conselleiro, lle agradeceríamos o favor de que dimitise e alguén con máis sentido das graves dificultades e desequilibrios polos que pasa grande parte da sociedade galega, presente e futura, retire esta medida e poña as bases para unha política educativa máis xusta e acorde cos dereitos humanos fundamentais.

Secretariado Nacional do STEG
marzo de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal