Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Falta de previsión e agravio comparativo
A convocatoria de probas libres para a obtención dos títulos de técnico/a e de técnico/a superior de ciclos formativos de formación profesional (Orde do 5 de abril de 2013) pon de manifesto:

Primeiro: A absoluta falta de previsión por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xa que a devandita convocatoria faise sen a debida antelación.

Ao ser o primeiro ano que se convocan, ao abeiro da LOE, nos centros educativos:
- Non se tivo tempo dabondo para planificalas correctamente.
- Non se recibiu ningunha circular por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa que unificase criterios para todos os centros nos que se van celebrar as probas, nin se coordinou o deseño das probas dos mesmos módulos, temendo por esta causa que se poidan producir diferenzas salientábeis á hora de avaliar e cualificar un mesmo título.
Segundo: Supón un agravio comparativo para as persoas que solicitan estas probas respecto das que o fan para a convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (Orde do 25 abril de 2013), pois en ambos casos a finalidade é a formación ao longo da vida, pero na convocatoria que nos concerne as persoas aspirantes, ademais de non dispoñeren de tempo para preparar as probas:
- Non teñen á súa disposición un servizo aberto e permanente de información e orientación a todas as persoas que a soliciten (art.11).
- Nin unha fase de asesoramento (art.12).
Polo anteriormente exposto, o STEG solicitou á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que de cara a vindeiras convocatorias se teña en conta o anteriormente exposto e:
- A convocatoria se faga coa antelación necesaria.
- Desde a Consellería se coordinen os mecanismos necesarios para a unificación dos criterios e das probas de avaliación e se planifique a formación específica do profesorado implicado no proceso.
- As persoas aspirantes dispoñan dun servizo de orientación e asesoramento ao longo de todo o proceso.


Secretariado Nacional do STEG
xuño de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal