Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O profesorado interino pode perder o dereito a permutar

A Consellería volve a dar mostras do seu facer lesivo dos dereitos adquiridos nos últimos anos; neste caso, o obxecto do seu ataque é o profesorado interino, a quen pretende deixar sen o dereito a permutar neste curso escolar  2009-2010.
En contra do criterio e da práctica habitual de anos pasados, a Consellería vai tomar a decisión, sen consultar ás OO SS, que o profesorado interino non ten dereito a permutar. Para amparar ese cambio de criterio na legalidade vixente argumentan o seguinte:

  • o profesorado interino non pertence ao corpo de funcionarios e funcionarias do Estado, que é o único corpo ao que se lle recoñece ese dereito na lexislación de ámbito estatal -RD 2112/1998, polo que se regulan os concursos de traslados de ámbito estatal para a provisión de prazas correspondestes aos corpos docentes.
  • ignorar a Orde do 17 de xuño de 2004 pola que se regulan as permutas provisionais, que no seu artigo 2º (solicitantes) indica: “Poderán solicitar permuta provisional, dous ou máis funcionarios de carreira, en prácticas ou interinos, en servizo activo dos corpos docentes que impartan ensinanzas escolares, sempre que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico correspondente”, alegando que contradí o espírito dunha norma de rango superior.

No STEG non ignoramos que esa alegación obedece a razóns de tipo político, pois a orde estaba consensuada polas OO SS, recoñecida pola Administración e aceptada polo profesorado, tanto interino como funcionario.
Dende o STEG denunciamos, xa que logo, esta decisión política que vulnera dereitos adquiridos polo profesorado interino e que significa un retroceso na negociación de dereitos de aplicación no ámbito nacional non recoñecidos pola lexislación estatal.
Dende o STEG esiximos, xa que logo, a continuidade da práctica habitual dende o ano 2004, que non xeraba malestar nin implicaba custe económico ningún a maiores.


Secretariado Nacional do STEG
Galiza, setembro de 2009

Escrito enviado ao conselleiro (pdf)

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal