Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O STEG segue a apoiar as accións que se están a levar a cabo nas EEOOII de todo o país para solicitar a retirada da circular 5/2009.

Na asemblea do profesorado das EEOOII celebrada o 22 de setembro no IES Fontiñas  en Compostela acordouse seguir coas mobilizacións para conseguir que o Conselleiro mude a súa actitude autoritaria e xorda ante o conflito que se está a vivir nas Escolas de Idiomas.

As reivindicacións do colectivo do profesorado seguen a ser as mesmas que hai dous meses: retirada da circular 5/2009. Ante a actitude represiva que está a levar a cabo a Consellería de Educación a través das inspeccións o colectivo do profesorado das EEOOII expresou o seu malestar e a intención de seguir manifestando a oposición á circular que supón unha diminución da calidade do ensino de idiomas e do servizo ao alumnado das mesmas.

Na asemblea acordáronse as seguintes accións:

  • Peche nas escolas:

Ferrol: 5 e 6 de outubro
Pontevedra: 7 e 8 de outubro
A Coruña: 13 e 14 de outubro
Vigo 15 e 16 de outubro
Compostela: 19 e 20 outubro 
Ourense: 21 e 22 outubro

  • Recollida de sinaturas entre o alumnado e profesorado esixindo a retirada da circular e o mantemento e ampliación da calidade da oferta que viñan realizando estas escolas.
  • Resolucións dos Claustros e Consellos Escolares reclamando a retirada da circular e a declaración de persoas non gratas ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e ao Director Xeral de Educación, José Luís Mira Lema, pola actitude autoritaria que están a manter ao non abrir a porta ao diálogo e polo descrédito e as difamacións que están a verter sobre este colectivo.
  • Informar ao alumnado do acontecido en xullo e das repercusións que esta circular pode supor na calidade do ensino e da oferta horaria das Escolas. Invitalos a que presenten as súas queixas perante a Administración.
  • Colocar documentos nas Escolas que deixen constancia da situación e  das reivindicacións do profesorado.
  • Non asinar os horarios que está a impor a Administración a través da presión exercida polas inspeccións e nas que se lles impuxo a aplicación da Circular.
  • Asistencia a actos onde interveña o Conselleiro para seguir a mostrar o noso rexeitamento á actuación da Consellaría.

Desde o STEG felicitamos a todo o profesorado polo apoio que están a recibir as mobilizacións e animámolos a proseguir xa que a unidade e a continuidade serán factores determinantes na consecución das nosas reivindicacións: a defensa dun ensino público que pasa tamén pola dignificación e o respecto ao profesorado.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal