Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
Fronte a un novo ataque contra o dereito a gozar de vacacións remuneradas, o STEG esixe que se manteñan os dereitos adquiridos do profesorado substituto

En días pasados chegoulles ás persoas que durante os últimos cursos académicos realizaron substitucións ao longo de máis de cinco meses e medio –aquelas que segundo a Addenda de 2006 teñen dereito a que se lles efectúe un nomeamento polo mes de xullo e polos días de agosto que procedan, unha vez deducidos os días aboados por vacacións retribuídas e non gozadas-, unha notificación da inspección de traballo na que se lles require a devolución da totalidade das retribucións percibidas por ese concepto.

A inspección de traballo, para fundamentar esa actuación, alega que o contrato que se lles realiza para eses efectos é unha simulación de contrato ou, dito noutras palabras, é un contrato ilegal; unha interpretación do contrato que dende o STEG denunciamos por considerar que é excesivamente literal e afastada do espírito da Addenda que rexe este tipo de contratos.

Perante este novo conflito, unha vez consultada a Administración educativa e a nosa asesoría xurídica, o STEG quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade ás persoas afectadas en tanto que a Administración educativa comprometeuse co STEG a defender os dereitos adquiridos polo profesorado substituto recollidos na Addenda do 2006. Neste sentido, reclamamos perante a Administración que:

  • artelle un mecanismo que resolva de xeito eficaz e definitivo os nomeamentos do profesorado substituto nos meses de verán; e
  • se dirixa ao profesorado afectado informándolle da situación.

Así mesmo, dende o STEG denunciamos a intromisión da inspección de traballo nun ámbito que non lle compete, pois o profesorado substituto está sometido ao dereito administrativo e a inspección educativa.
Finalmente, animamos as OO SS que subscribiron a Addenda a velar polo cumprimento dos dereitos conquistados e recoñecidos nese documento vinculante para a Consellería. Pola súa banda, o STEG manterase firme na defensa e consolidación dos dereitos adquiridos polo profesorado substituto.

Documento en pdf


Secretariado Nacional do STEG
Galiza, 7 de outubro de 2009

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal