Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
Reflexións sobre a súa utilidade da avaliación diagnóstica

Dende a Consellería de Educación a través da orde do 16 de febreiro de 2009 (DOG 23 febreiro 2009) e da Resolución do 18 de maio de 2009 (DOG 29 maio 2009), establece o desenvolvemento da avaliación diagnóstica.

Esta proba tivo lugar o día 21 de outubro en todos os centros educativos que imparten quinto curso de educación primaria e terceiro curso da ESO. As competencias básicas que se avaliaron neste ano 2009 foron: competencia en comunicación lingüística e com-petencia matemática.

No informe de resultados farase constar, a puntuación acadada polo centro en cada unha das competencias avaliadas, en relación coa media de Galiza e a media daqueles centros que, coma el, pertencen ao mesmo estrato de índice socioeconómico e cultural. Por último, os centros educativos a través do profesorado titor, informarán ás familias do alumnado avaliado, dos resultados globais acadados polo centro.

Dende o STEG, preguntámonos se esta avaliación diagnóstica, será realmente un bo reflexo da realidade?
As casuísticas en canto á preparación para a proba son ben distintas segundo os centros. Nalgúns, optouse pola preparación previa da mesma, seguindo modelos doutras Comunidades Autónomas; noutros, deuse a coñecer o seu contido ao alumnado previa á aplicación das mesmas, o que nos indica que o punto de partida desta avaliación non será igual para todos.

Tamén nos preguntamos se esta avaliación externa aos centros serve para coñecer en verdade a calidade do ensino? Ou, poderán os resultados dun exame ser un baremo fiable da calidade educativa?.

Posto que a escola forma parte dun sistema, este tipo de probas produce unha visión reducionista da educación. Avalían dúas competencias ailladas e non se ten en conta ningún outro factor do funcionamento do centro.

Gustaríanos coñecer dende o noso sindicato, que é o que vai pasar con estes datos. Como pensamos evitar que os resultados non supoñan unha clasificación de centros? A ninguén se lle escapará que unha avaliación diagnóstica e final só pode verquer datos descriptivos dunha situación, datos que poden derivarse de factores que pouco teñan que ver co bó ou mal funcionamento dun centro.

Por outra banda, que vai pasar co cuarto curso de primaria e co segundo da ESO? Tendo unha proba deste tipo ao finalizar estes cursos é probable que se convirtan para profesorado e alumnado en réplicas a pequena escala do 2º de bacharelato.

A nosa preocupación é onde quedará entón o ensino funcional e adaptado ao medio, a atención á diversidade, a educación en valores e todo aquilo que contribúe efectivamente a educar de maneira integral a unha persoa con capacidade para participar da sociedade dunha maneira crítica e responsable.

Nós temos a seguridade de que avaliar é necesario pero, rexeitamos este modelo pola pouca fiabilidade do sistema, tanto no desenvolvemento como na aplicación e por non ser capaz de facer unha análise da escola como un sistema vivo e rico.

Documento en pdf para imprimir

Secretariado Nacional do STEG
outubro 2009

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal