Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
´Reducir custos no ensino público e desviar cartos cara ao privado´. O demais (a calidade, os servizos, os dereitos ...) non importa
INICIO DO CURSO 2013-2014

As prioridades da Consellería: “Reducir custos no ensino público e desviar cartos cara ao privado”. O demais (a calidade, os servizos, os dereitos ...) non importa.

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a pesar da sentenza do TSXG declarando inválidos os concertos cos centros que segregan ao alumnado por sexo, publicou o pasado mes de agosto a Orde pola que se aproban novos concertos para un período de catro anos. Estamos, xa que logo, ante unha resposta que só pode entenderse en chave ideolóxica, xa que tendo na man unha xustificación xurídica para o aforro de cartos públicos, a Consellería decide seguir a desviar partidas económicas para centros ultraconservadores, elitistas e segregadores.

O dereito ao comedor escolar gratuíto para o alumnado transportado desaparece a comezos deste curso, posto que o novo Decreto de comedores fai que se teña que “repagar” este servizo en virtude da renda familiar. Pódese chegar a ter que pagar ata 9 € diarios (180 € ao mes) se, por exemplo, tes dous fillos/as escolarizados. O alumnado disfrutaba deste dereito posto que se facía inviábel volver a transportalo para ir comer á súa casa, para logo voltar á escola. A Consellaría non se parou a pensar en que fará co alumnado que non poida ou non queira pagar o comedor escolar e vaia transportado ao centro. Quen se vai ocupar del? Como xustificará devolver un neno/a á súa casa ás 5, 6 ou 7 da tarde sen a seguridade de que fixo polo menos unha comida ben feita ese día?

A redución de profesorado nos centros (lembremos que, desde que o PP chegou ao goberno no ano 2009, a redución supera os 1.000 profesores/as cun aumento en paralelo do alumnado que supera os 17.000 alumnos/as), fará que sexa moito máis complicado levar adiante medidas de atención á diversidade do alumnado (PDCs, reforzos, PCPIs, agupamentos flexíbeis...), á vez que nos postos de traballo que se manteñen aumenta a porcentaxe de interinidades, traballo precario que, ademais, fai que diminúa a estabilidade dos cadros docentes nos centros. Un dato como exemplo desta precarización: o profesorado interino de primaria ao que se adxudicou praza no concurso pasou de 547 persoas na adxudicación para o curso 12-13 a 825 para o curso 13-14: un aumento dun 50 %!.

No tocante á FP, seguen a darse casos de manifesta ilegalidade ao adxudicar ao profesorado do corpo de Profesorado Técnico de FP prazas nas que hai que impartir, como materia afín, unha do corpo de profesorado de Secundaria. A Consellería despilfarra diñeiro de todos/as negando ciclos formativos a centros públicos que o solicitan e concedéndoos á privada.

En canto aos Conservatorios de Música, adxudicáronse prazas provisionais para impartir clases de instrumentos a persoal do corpo de música de Secundaria, en expectativa de destino, sen formación nin experiencia suficiente para impartilas.... Todo en aras á redución de custos.

Por outra banda, o “Plan estrela” da Consellaría, o Plurilingüismo, non semella que achegue grandes resultados xa que, no DOG do 29 de agosto de 2013, sacou a Consellaría unha resolución pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de EP e de ESO matriculado en centros dependentes da Consellaría de Cultura, Educación e O.U. Parécelle insuficiente á nosa Consellaría a capacidade das nosas mestras/es, profesoras/es de inglés, para ensinar este idioma? Débelle de parecer, tamén, insuficiente toda a montaxe que fixo arredor do decreto de plurilingüismo e a rede de centros plurilingües para que se coñeza a lingua inglesa. Non entendemos moi ben a conto de que vén isto, pero o que é claro é que soa a máis privatización, máis saqueo do público cara ao privado...

Ao anterior hai que engadir que o plurilingüismo estase a converter en monolingüísmo saxón xa que temos constancia de que se botan abaixo proxectos, ben estruturados, argumentados e co visto bo dos órganos colexiados dos centros, para a impartición da lingua portuguesa en centros de Galiza.

E, como guinda deste indixesto pastel, temos a diminución das contías e o aumento das esixencias para conseguir unha bolsa de estudos, verdadeiro atentado contra a igualdade de oportunidades do alumnado e a imposición desde o Ministerio dunha contrarreforma educativa, a LOMCE, que, entre outros aspectos criticábeis, lle concede á Relixión o mesmo status pedagóxico e académico que a ciencias como as Matemáticas, a Filosofía, a Bioloxía,etc..

Secretariado Nacional do STEG
setembro de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal