Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O STEG denuncia que o Ministerio quere reducir os requirimentos mínimos dos centros.

STEG denuncia que os cambios que pretende introducir o Ministerio contribúen á desregularización dos requirimentos mínimos, cuxo único beneficiario será a patronal do ensino concertado, que non o seu alumnado, ao quitarlle esixencias á hora de construír centros.

O STEG, a través de STES-I, presentou emendas a dito proxecto, tanto ante o Ministerio como no CEE, co propósito de recuperar algunhas condicións contidas no Real Decreto 1004/1991, aínda vixente, que no proxecto do Ministerio desapareceron, no que constitúe un claro empeoramento dos requirimentos mínimos esixíbeis en todo o Estado, tanto aos colexios e institutos públicos como aos concertados . Neste capítulo, encontrámonos co seguinte:

EDUCACIÓN INFANTIL

• Non estabelece requirimentos para os centros que impartan o primeiro ciclo da Ed. Infantil (salvo a titulación do persoal, aínda que aquí tamén rebaixa o nº de persoas coa titulación de mestre que debe haber; no 1004 era un de cada seis (Art. 15.1) e agora déixao aberto (Art. 7.2). No 1004 esixíase unha persoa máis que o nº de unidades en funcionamento (15.1), agora non (7).
• O 1004 estabelece algúns requirimentos mínimos para os centros de primeiro ciclo de Ed. Infantil (10), o proxecto déixao en mans das Consellerías (4.2).
• O nº de alumnos e alumnas fixábase (13), e no proxecto actual non se fixa. Será establecido pola Consellería.
• No segundo ciclo quítase a obrigatoriedade dun aseo por aula, o nº de m2 mínimos que debe ter a aula, e a necesidade de que o patio de recreo aumente en 50 m2 por unidade cando estas superen o nº de 6. (11 do 1004; 5.2. do proxecto). Non aparece a obrigatoriedade de aseos para o persoal (antes no 11).
• Os centros que impartan os dous ciclos deben ter 6 unidades (agás zona rural) como mínimo, aumentando os requirimentos en función das unidades (12.1); no proxecto non se cita.

EDUCACIÓN PRIMARIA

• O 1004 marca un mínimo de 1,5 m2 por alumna/ou e 30m. por aula (20.a), agora desaparece o nº de metros mínimo da aula (9.a).
• Desaparecen (9.b) os m2 dos 2 espazos por cada seis unidades para desdobres e actividades de reforzo (20.b. do 1004).
• O 1004 marca (20.c) unha sala polivalente de 100 m2, agora desaparece o nº de metros (9.c.).
• Ambos os dous decretos contemplan un patio de recreo cun mínimo de m2, aínda que o 1004 (20.d) marca 3 m2 por alumna/ou e agora non.
• No proxecto desaparece o espazo cuberto para Ed. Física que o 1004 (20.f.) fixaba nun mínimo de 200 m2, incluído vestiarios…
• Desaparece o tamaño mínimo da Biblioteca e da Sala do Profesorado.

EDUCACIÓN SECUNDARIA
• O 1004 marca un mínimo de 1’5 m2 por alumna/ou e 30m. por aula (20.a), agora desaparece o nº de metros mínimo da aula (9.a).
• O 1004 marca (20.c) unha sala polivalente de 100 m2, agora desaparece o nº de metros (9.c.).
• Desaparecen tamén (13.b. e 13.c.) o mínimo de m2 que deben ter as aulas música, informática e plástica e as do laboratorio de ciencias experimentais que antes marcaba o 1004 (25.c e 25.d.).
• Ambos os dous decretos contemplan un patio de recreo cun mínimo de m2, aínda que o 1004 (25.e) marca 3 m2 por alumna/ou e agora non.
• No proxecto desaparece o espazo cuberto para Ed. Física que o 1004 (25.g.) fixaba nun mínimo de 480 m2, incluído vestiarios…
• Desaparece o tamaño mínimo da Biblioteca e da Sala do Profesorado, que si marcaba o 1004.


BACHARELATO
• Nos requirimentos para as modalidades de Bacharelato, desaparecen os seguintes requirimentos que figuraban no 1004:
- Superficie mínima (26.2.) dos laboratorios e das aulas de debuxo e tecnoloxía.
- Superficie mínima das 2 aulas dotadas de instalacións adecuadas para a modalidade de artes.
A “superposición” do uso de espazos entre alumnado de ESO e Bacharelato sen indicar nº de aulas ou espazos que debe haber en función do nº de unidades, fai que estes espazos sexan insuficientes cando se dan as dúas etapas educativas.

FORMACIÓN PROFESIONAL
O 1004 estabelecía (art. 30 a 41) os requirimentos mínimos para impartir ensinos de FP, no proxecto dise (12.c) que os centros que impartan títulos de FP ateranse aos requirimentos mínimos que estábel este RD e ao RD 1538/2006, de 15 do 12.

Os PCPI: Os requirimentos que deben cumprir os centros que impartan estes programas fixaranos as Consellerías de Educación.

Tamén se engadiron propostas de mellora dos edificios e de novos equipamentos que non aparecen reflectidos no proxecto, como espazo para enfermería e caixa de urxencias, comedores escolares, espazos para desdobramento de grupos, extensión dos equipamentos para as TIC, incrementos de superficie en aulas, laboratorios, patios, etc.

Por outra parte, o proxecto mantén a mesma ratio profesorado/alumnado para o grupo clase que se estabeleceu no R.D. de 1991. transcorreron case 20 anos desde entón, e a extraordinaria diversidade do alumnado que implicou a extensión da escolarización obrigatoria ata os 16 anos require unha urxente diminución de dita ratio para que sexa posíbel unha atención máis personalizada, unha mellor atención ás dificultades de aprendizaxe e ás necesidades educativas especiais do alumnado. Esta medida non pode faltar en calquera proxecto dirixido a combater o fracaso escolar por iso se presentaron emendas neste sentido:

  • Infantil: Primeiro ciclo: menores dun ano, 4; de un a dous anos, 6;e de dous a tres, 8. Segundo ciclo: 15 alumnos/as e 12 cando haxa diferentes idades.
  • Primaria: 20 alumnos/as; 15 se hai varios niveis.
  • ESO, FP e Bacharelato: 25; 15 cando haxa alumnado con N.E.E.

En definitiva, este proxecto, á baixa en calidade e cantidade respecto á normativa actual, nin acode a participar na solución do fracaso escolar nin contribúe a atender as demandas sociais. O STEG espera que o goberno reconsidere o proxecto e acepte propostas que melloren o sistema educativo cuns centros escolares públicos adecuados aos obxectivos das leis educativas.

 

Documento en pdf para imprimir

Secretariado Nacional do STEG
Decembro 2009

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal