Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Datos cos que comezamos o curso 2013-2014

Redución de profesorado, unidades e postos de traballo: datos cos que comezamos o curso 2013-2014

Comezamos un novo curso cun aluvión de cifras, porcentaxes e datos que difiren moito segundo a fonte que os espalla. O sindicato STEG estivo traballando para ofrecer á comunidade educativa datos obxectivos e verificábeis.

Fixemos o estudo da redución do profesorado desde o curso 2009-2010, que é cando inicia o seu mandado o actual goberno autonómico, ata o presente curso 2013-2014 (os datos deste curso son estimacións, pois non se poden dar aínda definitivos). Os resultados, en resumo, son estes:

Ø No ensino público pasamos de 31.375 a 30.354 profesoras/es , o que significa unha redución de 1.021 profesoras/es, equivalente a unha diminución dun 3,3%.

Ø No ensino privado concertado pasouse de 5.325 a 5.305 profesoras/es, isto é, a redución é de tan só 20 profesoras/es, equivalente a unha diminución dun 0,3%.

Os datos amosan de seu, ben ás claras, onde a Consellería esta a facer unha drástica redución de profesorado nas aulas galegas.

Pero non abonda con ver estes datos sen contextualizalos, posto que non é o mesmo que se reduza profesorado cando mingua o alumnado que se faga esa redución cando este último, moi pola contra, aumenta. Con efecto, o alumnado pasou dun total de 366.098 no curso 09/10 a un total de 387.148 no presente curso, o que supón un aumento de arredor de 21.000 alumnas/os (sen contarmos as EOIs, EEAA e ensinanzas deportivas).

 
 Con estas cifras e porcentaxes á vista e relacionando as dúas variábeis consideradas (recorte de profesorado / aumento do alumnado), é máis evidente aínda o dano que as políticas do PP están a lle facer ao sistema educativo público.

Xa denunciou o STEG, nun anterior comunicado á opinión pública, as dificultades que se viven nos centros educativos, por mor dos recortes da Consellería, para levar adiante medidas de atención á diversidade do alumnado (PDCs, reforzos, PCPIs, agupamentos flexíbeis...). Tamén desvelou o STEG como nos postos de traballo que se manteñen, ten aumentado a porcentaxe de impartición de afíns e de interinidades, ou sexa, de traballo precario. A diminución da estabilidade dos cadros docentes nos centros é impresionante.

O seguinte gráfico, que recolle as diferentes adxudicacións a persoal interino nos concursos de provisionais, amosan ese aumento da precarización.

 
 
 

En canto á Educación Infantil e Primaria, o estudo que fixo o STEG, comparando cada centro que aparece na última modificación do catálogo de postos de traballo coa última modificación que se deu nese centro, aportounos os seguintes datos:

Ø Desaparecen 42 unidades, das cales 30 son de EI e 12 de EP

Ø Desaparecen 65 postos de traballo, dos cales 36 son de EI, 17 son de EP, 4 de FI, 4 de FF, 3 de PT e 1 de AL

Ø Créanse 7 postos de traballo: 3 de EM, 3 de EF e 1 de DO.
Ø Todos estes datos inclúen a desaparición de 15 centros escolares.

Estes son, en definitiva, os datos reais e verificábeis que dan a medida do trebón destrutivo que se está abatendo sobre a escola pública por obra e graza do goberno presidido polo Sr. Núñez Feijóo. Cando o seu nefasto Conselleiro Sr. Jesús Vázquez chegou a dicir en rolda de prensa (a mesma en que afirmou sen inmutarse a “absoluta normalidade” do inicio do novo curso...) que había 51 unidades máis de Educación Infantil e Primaria e 30 docentes máis para o presente curso 2013-14, non estaba senón dándonos o enésimo exemplo da propaganda partidista, cínica, manipulada e inveraz que se ten convertido en marca da casa da Consellería que preside.

Secretariado Nacional do STEG
outubro de 2013

pdf co documento

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal