Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2009-2010
O Consello Escolar do Estado apoia a maioría das emendas do STEG.

Na reunión da Comisión Permanente do consello Escolar do Estado informouse o proxecto do Real Decreto polo que se fixan os requirimentos mínimos dos centros educativos, aprobándose numerosas emendas do STEG e doutras organizacións, o que dado o contido das mesmas, significa que o consello Escolar rexeita os aspectos máis importantes do proxecto, propondo ao Ministerio que permaneza a regulación dos requirimentos mínimos que deben cumprir os centros, que se dote aos mesmos dunhas infraestruturas que permitan o desenvolvemento dunha educación adaptada ao momento no que vivimos e que se rebaixen substancialmente as ratios previstas, á vez que se propoñen que tamén se fixen os requirimentos que deben cumprir os centros que imparten o Primeiro Ciclo da Educación Infantil.

Ao “proxecto polo que se estabelecen os requirimentos mínimos dos centros” presentáronse 170 emendas, delas 28 do STEG e STES-i. Aprobáronse numerosas emendas, entre elas todas as de STEG menos a referida a que o Consello Escolar do Centro aprobe as obras a realizar no mesmo.

O debate deste proxecto iniciouse co Informe do Relatorio que contiña poucas observacións, que foron apoiadas pola Permanente, e deron lugar a unha intervención da Xurista do Ministerio de Educación na que xustificou a necesidade de redactar un novo decreto de requirimentos mínimos obrigados pola Directiva 2006/123 CE, relativa aos servizos no mercado interior.

Tras esta xustificación do proxecto, a primeira intervención foi da nosa organización, afirmando que este proxecto supón un grave retroceso sobre o actual 1004 e a desregularización na construción de centros, e que a directiva europea de servizos non debe afectar á educación nos ensinos que regula a LOE, xa que o art. 1º da Directiva di que non afecta “ao exercicio dos dereitos fundamentais” e que o art. 2º estabelece que os “servizos non económicos de interese xeral” están excluídos, e dado que a educación é un dereito fundamental recollido na Constitución, rexeitando, xa que logo, que esta Directiva deba aplicarse á educación.

Esta intervención foi contestada pola xurista do Ministerio afirmando que segundo a interpretación do Consello de Europa, a educación non está excluída da aplicación da directiva relativa aos servizos no mercado interior, polo que a maior parte das emendas presentadas, e que posteriormente se aprobaron, non teñen cabida no decreto tendo en conta a directiva.
As emendas do STEG e do resto de organizacións foron aprobadas cunha gran maioría de votos dos Conselleiros e Conselleiras da Comisión Permanente.

Ao final do debate, a representación dos cinco sindicatos de ensino (CCOO, STES-I, ANPE, UGT e FSIE) presentamos unha proposta por escrito esixindo tempo suficiente para poder analizar e emendar os decretos que se presenten, e que os mesmos sexan pasados pola Mesa de Ensino se ditos proxectos afectan a condicións de traballo.

O STEG espera que o Ministerio de Educación acepte as propostas que aprobou o Consello Escolar do Estado e modifique substancialmente o proxecto de decreto antes de o mandar ao seu próximo trámite, o Consello de Estado.

Documento en pdf para imprimir

Secretariado Nacional do STEG
Decembro 2009

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal