Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2013/2014
Detección de situacións de risco social entre o alumnado
Denominación da actividade: Obradoiro sobre detección de situacións de risco social entre o alumnado

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Orientación. Atención á Diversidade. Mellora da convivencia escolar. Xestión de centros.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
A escola é a institución máis relevante para a infancia, xunto á familia, nos anos correspondentes á educación infantil e primaria; e unha das máis importantes na secundaria e posterior.

O coñecemento e relación establecidos entre o persoal educativo e os nenos e nenas, así como coas súas familias, fai posible unha detección e abordaxe precoz de situacións que poden derivar en problemas ou dificultades. Isto converte á escola nun axente eficaz na prevención e promoción do bo trato á infancia.

As situacións de risco e desprotección que afectan a menores deben ser abordadas en base a dous parámetros fundamentais: rigorosidade e rapidez. Con demasiada frecuencia, as persoas que traballan nos eidos dos servizos sociais, educativos, sanitarios… contrapoñen ambos os dous parámetros, ou mesmo non contan coa posibilidade de axustarse a ningún deles.

O obxectivo xeral deste Obradoiro é facilitar ferramentas que permitan detectar e valorar situacións susceptibles de cualificarse como de risco ou desprotección, así como a toma de decisións que se deriva das mesmas.

Ademais, ofrecerá a posibilidade de aplicar estas ferramentas a situacións concretas propostas polo profesorado participante..

Programa de contidos:
  • Situacións de risco ou maltrato.
  • Dificultades inherentes na súa abordaxe.
  • Aspectos legais a ter en conta.
  • Utilización de principios, criterios e indicadores.
  • Escalas de valoración.
  • Criterios de dano potencial e cooperación familiar.
  • Rede institucional e axentes básicos.
  • Situacións prácticas para a aplicación de escalas de valoración, e de criterios para a toma de decisións.

Datas de realización:
- xoves 6 de 16:30 a 19:00 horas
- venres 7 de 16:30 a 19:00 horas
- mércores 12 de 16:30 a 19:00 horas
- xoves 13 de 16:30 a 19:00 horas

Lugar de celebración:

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 6 Información, 3'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o  para as persoas afiliadas
- desde o  para o resto das persoas.
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: André Hernández

Custo da matrícula
:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50 €
- Publicación, publicidade e impresos: 50€
- Gastos de manutención: 24€
- Gastos de deslocamento: 27€
 
prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal