Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2013/2014
Creación e xestión dun blog escolar
Denominación da actividade: Obradoiro de creación e xestión dun blog escolar.

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Novas tecnoloxías. Integración didáctica das TICS. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Fomento da lectura.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Obxectivos da actividade:
O obradoiro vai dirixido ó profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en tentar aproveitar os blogs como ferramenta de traballo para as súas clases e como medio para dar visibilidade as actividades realizadas co alumnado. En concreto, está máis orientado para o profesorado de linguas; pero, como exemplo, podería servir para todo tipo de profesorado que estea implicado en actividades relacionadas coa biblioteca, os clubs de lectura ou os equipos de dinamización da lingua galega.

Nunha primeira parte, dedicaremos un tempo á creación dun blog a través dun titorial de blogger, tentaremos que esta se desenvolva de xeito práctico e achegaremos experiencias propias para dominar todos os trucos básicos de creación dunha entrada ou post (texto, imaxes, vídeos).

As motivacións de creación do blog escolar poden ser moi diversas, de aí que procuraremos adaptarnos ás necesidades de cada profesional específico. Aínda así, o noso obradoiro estará máis centrado na exposición de experiencias en torno a blogs, que son específicos dun Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), da biblioteca, e dun club de lectura escolar.

O obxectivo último é que o profesorado se achegue ó emprego dos blogs para que a súa actividade docente sexa máis atractiva para el e para o seu alumnado, e entenda que poden ser unha ferramenta útil no desenvolvemento do seu labor docente.

Por último, no tocante á xestión dun blog, expoñeremos a nosa experiencia desde o punto de vista da realización de actividades e do que sería máis unha bitácora de linguas. Trataremos, tamén, a interacción do blog co uso das redes sociais (facebook e twitter) para achegármonos ós intereses de cada docente, en particular, e dos labores docentes en xeral.

Programa de contidos:
1. Creación dun blog escolar (titorial de blogger).
2. O uso do blog na educación.
3. Tipo de orientación do blog escolar:
    3.1. Antoloxía de recursos para a aula.
    3.2. Visibilidade das actividades escolares.
    3.3.Caderno de traballo para o alumnado.
    3.4. Propostas de proxectos de traballo.
4. Unha experiencia concreta cun blog dun EDLG, da biblioteca escolar e dun club de lectura.
5. Propostas de xestión desde a interacción coas redes sociais. (twitter e facebook)
Datas de realización:
- venres 7 de marzo de 17:30 a 20:30 horas
- sabado 8 de marzo de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:30 horas

Lugar de celebración: Pazo da Cultura de Pontevedra; r/Alexandre Bóveda

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 5 Información, 4'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o  para as persoas afiliadas
- desde o  para o resto das persoas.
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: Salomé Díaz

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 25€;
- Gastos de manutención: 24€
- Gastos de deslocamento: 13€
- Gratificación persoal atención local:75€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal