Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2013/2014
Implicación das familias na animación á lectura: un modelo colaborativo
Denominación da actividade: Obradoiro: Implicación das familias na animación á lectura: un modelo colaborativo.

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Biblioteca. Competencia en lectura e escritura. Lingua e Literatura Galega e Castelá. Dinamización lingüística. Orientación. Atención á diversidade. Mellora da convivencia escolar. Xestión de Centros.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos interesado no emprego do audiovisual como ferramenta e recurso para a mellora dos procesos de aprendizaxe.

Obxectivos da actividade:
1. Comprender a influencia da familia na aprendizaxe escolar, especialmente na adquisición do hábito lector nas etapas de educación infantil e primaria.
2. Fomentar actitudes favorables á colaboración familia-escola no desenvolvemento dos obxectivos de aprendizaxe.
3. Analizar diversas estratexias de intervención didáctica para a implicación das familias na animación á lectura dende a perspectiva das comunidades de aprendizaxe.
4. Facilitar o coñecemento de recursos prácticos para a posta en marcha dun plan lector que inclúa a participación activa das familias.
Programa de contidos:
- Relación entre competencia lectora e rendemento escolar.
- Modelos familiares en relación coa lectura.
- Familias académicas e non académicas.
- Factores que inflúen na adquisición de hábitos e actitudes favorables cara a lectura.
- O modelo das comunidades de aprendizaxe.
- A aprendizaxe dialóxica.
- Estratexias e recursos “dialóxicos”: faladoiros literarios e grupos interactivos.
- Unha experiencia de traballo coas familias na aula.
Datas de realización:
- venres 14 de marzo de 18:00 a 21:00 horas.
- venres 21 de marzo de 18:00 a 21:00 horas.
- sábado 22 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

Lugar de celebración:

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 6 Información, 3'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o  para as persoas afiliadas
- desde o  para o resto das persoas.
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: María José García

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
           - Gastos de ensino: 100 €
           - Material funxíbel: 50€; Publicación, publicidade e impresos: 50€
           - Manutención: 24€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal