Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2013/2014
Con letra e música de muller
Denominación da actividade: Obradoiro: Con letra e música de muller

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Coeducación. Titoría. Música. Lingua e Literatura. Dinamización lingüística. Integración didáctica das TICS. Biblioteca. Mellora da convivencia escolar.

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
- Poñer en valor as achegas artísticas das mulleres.
- Coñecer as estratexias que puxeron en práctica as mulleres para desenvolver o papel de autoras ao longo da historia literaria e musical.
- Facer un percorrido histórico polas creacións populares de autoría feminina.
- Entender a creación artística como a construción dun discurso propio.
- Analizar composicións literario-musicais tradicionais, desde unha perspectiva temática.
- Achegarse ás producións actuais que beben directamente da tradición popular.
- Empregar as creacións das músicas do século XXI como material didáctico.
Programa de contidos:
1. Testemuñas históricas da muller como autora na lírica popular.
2. Estratexias que puxeron en práctica as mulleres para superaren os atrancos como autoras.
3. A construción dun discurso propio: Auto-afirmación, o canto e o baile como actividades de cohesión feminina, autoconcepto, relacións amorosas (iniciativa, pasividade, desengano...), actitude perante o matrimonio, relación coa nai, a sociedade reguladora do comportamento, etc.
4. As producións contemporáneas que beben directamente da tradición popular (pandereteiras e cantadeiras).
5. A obra das músicas do século XXI: cantantes, gaiteiras e compositoras.
6. Propostas de aplicación pedagóxica nos centros, biblioteca, titorías, etc. (25 de novembro, 8 de marzo, Día da Paz, Letras Galegas en feminino plural, etc.).
Datas de realización:
- venres 24 de xaneiro de 17:00 a 20:00 horas.
- sábado 25 de xaneiro de 10:00 a 14 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

Lugar de celebración: CEP Antonio Magariños (Cambados)

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 4 Información, 5'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
    - desde o día 8 de novembro para as persoas afiliadas
    - desde o día 15 de novembro para as persoas non afiliadas.


- desde o día 8 de novembro para as persoas afiliadas


- desde o día 15 de movembro para o resto das persoas.
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso: Begoña Fontenla

Relación nominal das persoas relatoras: Isabel González Avión.

Custo da matrícula
:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: Funxíbel: 50 €; Publicación, publicidade e impresos: 50€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal