Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2013/2014
A arte románica como recurso didáctico
Denominación da actividade: Obradoiro: A arte románica como recurso didáctico

Modalidade formativa: Obradoiro

Área: Coñecemento do medio. Arte. Historia. Xeografía

Destinatarios: Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos.

Obxectivos da actividade:
1. Repasar as orixes e os principais trazos da arte románica.
2. Ofrecer un panorama xeral sobre a presenza/importancia da arte románica na Galiza.
3. Estudar e visitar (in situ ou virtualmente) un ou varios dos monumentos senlleiros dese estilo.
4. Ofrecer un compendio de actividades e materiais para uso nas aulas.
5. Explicar o proceso de intervención realizado pola asociación O SORRISO DE DANIEL para o coñecemento e posta en valor nun núcleo rural galego concreto do patrimonio asociado a esa arte.
6. A partir desa experiencia concreta, discutir e elaborar propostas de actuación, actividades e materiais didácticos para os distintos niveis educativos que permitan a posta en marcha de proxectos semellantes desde a escola.
Programa de contidos:
1. As claves do románico
2. O románico na Galiza
3. Estado do patrimonio románico galego.
4. Xenese, obxectivos e actividades de “O sorriso de Daniel”.
5. Unha experiencia no románico
Datas de realización:
- venres 14 de marzo de 17:00 a 20:00 horas.
- venres 21 de marzo de 17:00 a 20:00 horas.
- sábado 22 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.

Lugar de celebración:

Valoración das horas de formación: 10, das cales todas serán presenciais, repartidas así: 7 Información, 2'5 Posta en común e actividades, 0'5 Avaliación.

Número de prazas: Máximo de 20 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
- desde o  para as persoas afiliadas
- desde o  para o resto das persoas.
Criterios de inscrición: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Coordinadora/or do curso:

Relación nominal das persoas relatoras: Asociación "O sorriso de Daniel"

Custo da matrícula:
- Afiliacion en activo: 18 €
- Afiliacion no desemprego: 8 €
- Persoas non afiliadas: 32 €
Orzamento do curso:
- Gastos de ensino: 100 €
- Gastos de material: 50€
- Gastos de manutención e deslocamento: 154€
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal