Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Estamos asistindo ao seu desmantelamento?
ORIENTACIÓN EDUCATIVA:
estamos asisitindo ao seu demantelamento?


Nestes dous últimos cursos estamos asistindo a un desmantelamento da Rede de Orientación Educativa de Galicia (ROEGAL) publicada no curso 2009-2010 onde se recollía que “os Departamentos de Orientación dos centros de Educación Secundaria deixan de ter centros adscritos”, xa que se están adscribindo CEIPs aos Departamentos de Orientación dos IES unha vez comezado o curso e elaborados os horarios, coas dificultades que iso conleva á hora de elaborar unha programación axeitada e unha planificación do curso.

Estes cambios provocan que dependa da boa vontade dos Equipos Directivos facilitar a coordinación cos equipos de ciclo, a asistencia a Claustros, Consellos Escolares, CCP, Comisión de Convivencia, sesións de avaliación,…. que coincidan nas mesmas datas; facendo que o labor da orientación quede reducida á avaliación psicopedagóxica do alumnado e se deixen relegadas a un segundo plano, ou desaparezan, tarefas tan importantes como:
• Deseño de accións encamiñadas á prevención das dificultades
• Impulsar a participación do profesorado en programas de innovación educativa
• Promover a cooperación centro – familias
• Favorecer o proceso orientación vocacional e as transicións nas diferentes etapas e itinerarios educativos
O papel que se asigna á orientación é imprescindibel para que funcionen determinados programas como a Diversificación Curricular, PCPI, PROA, e resulta paradoxal que, por un lado se lle encomenden cada vez máis funcións, e por outro se escatime en persoal e non se recoñeza explícitamente o seu labor.

O STEG denuncia tamén que a Consellería mantén sen cubrir dúas prazas, en cada unha das catro provincias, nos Equipos de Orientación Específicos que brindan apoio especializado aos Departamentos de Orientación, así como a situación de provisionalidade dos orientadores en CEIPs onde as prazas estanse a cubir curso a curso con provisionais e non con persoal definitivo, o que daría estabilidade e continuidade ao traballo de orientación. Na mesma liña, no CTE de Orientación, próximo a saír, non saen como vacantes, nen como resultas, todas as prazas dos centros de primaria de doce, ou máis, unidades....POR QUÉ?

Estes feitos fan imposible un futuro da orientación con prioridade ás intervencións sistémicas e preventivas e a formación do profesorado e das familias para que se incida na maior parte do alumnado.

Secretariado Nacional do STEG
outubro de 2013
pdf co documento
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal