Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2013-2014
Valoración da folga e manifestacións
Desde o STEG queremos agardecer a todas as persoas o seu esforzo e ilusión manifestado no día da folga. Demostramos ser un colectivo preocupado que, máis aló do corporativismo, traballa por un ensino público mellor, condición necesaria para unha sociedade mellor, é dicir, unha sociedade de dereitos e con igualdade de oportunidades.

As manifestacións e concentracións que se sucederon en distintos lugares do país, tanto na mañá como na tarde de onte, foron secundadas por milleiros de docentes, alumnas, alumnos, pais e nais nunha xornada sen precedentes que, por segunda vez, xuntou a toda a comunidade educativa na loita contra unha lei de educación.

Lamentamos, ao igual que a maior parte do colectivo docente, outra  ocasión perdida para que todas as OOSS fóramos unidas nesta xornada de loita, mais non foi posíbel que as dúas plataformas existentes no país se puxeran de acordo para marchar unidas (como sabedes, o STEG non pertence a ningunha das dúas).

A folga non debe deter as mobilizacións. Por este motivo invitámosvos a que espalledes o discurso das motivacións da folga entre o alumnado e as nais e pais dos vosos centros. Podemos aproveitar a comunicación das notas, ou algunha xuntanza, por exemplo, para explicar que vai supoñer esta lei. Con este obcxectivo lembramos a campaña do STEG que vos pode facilitar este traballo. Todos os documentos os podedes atopar neste enlace.

Secretariado Nacional do STEG
outubro de 2013
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal